Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2020 | Actualizada ás 11:27
Efectivos dos Bombeiros de Cee rescataron a catro crías de xabaril atrapadas na canle da central hidroeléctrica no municipio de Vimianzo (A Coruña).
Segundo informaron os Bombeiros de Cee, ás 20,25 horas deste xoves recibiron o aviso para rescatar uns animais na canle da Central Hidroeléctrica do Río Grande, en Carantoña.
Os bombeiros indicaron que o rescate de catro crías de xabaril foi "un traballo laborioso de localización e captura", para o que tiveron que empregar unha rede.
Ademais dos bombeiros, neste operativo participaron a Policía Local de Vimianzo, a Garda Civil, Protección Civil e un grupo de cazadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.