Por Europa Press / Redacción | MADRID | 11/07/2020 | Actualizada ás 13:38
A Sala III do Tribunal Supremo avalou a celebración dos comicios na Mariña este domingo tras desestimar o recurso presentado por Galicia En Común contra a resolución da Xunta Electoral Central.
O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, anunciou hai uns días que a súa formación recorrería a decisión da Xunta Electoral Central de permitir o voto na comarca da Mariña, comarca que tivo que ser confinada por un rebrote.
No escrito, o Supremo entende que "non procede" abrir a peza de medidas cautelares porque o recurso de Galicia en Común non pide ningunha en concreto e por tanto "carece de sentido escoitar á Xunta Electoral Central respecto diso".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.