O PSdeG quítalle un escano ao PP co 99,23% dos votos escrutados

O PP queda cos 41 de hai catro anos e o PSdeG sobe un con respecto ao 2016.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/07/2020 | Actualizada ás 00:32

Comparte esta noticia

O PSdeG quitoulle un escano ao PPdeG na provincia de Pontevedra co 99,23% do voto escrutado. Un resultado simbólico que supón que Feijóo sacaría os mesmos resultados que hai catro anos eo PSdeG aumentaría nun parlamentario, pasaría de 14 a 15.

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comparece xunto a membros do partido
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comparece xunto a membros do partido

Pola súa banda, o BNG alcanza os 19 escanos, mentres que en 2016 quedouse como cuarta forza, con tan só seis prazas no Parlamento galego.  E batacazo histórico para Galicia en Común, a coalición que aglutina a Podemos, EU, Anova e algunhas mareas locais, non obtería representación, nin Marea Galeguista, a outra parte herdeira de En Marea e conformada tamén por Partido Galeguista e Compromiso por Galicia. No seu début nunhas eleccións galegas, Vox non obtén representación no Parlamento galego, nin tampouco Cs.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta