Fernando Simón constata que o brote da Mariña evoluciona "ben", aínda que hai que ir "con coidado"

Hai aínda 140 casos activos.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 16/07/2020 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, repasou este xoves a situación de distintos brotes de coronavirus rexistrados en España, entre eles o que afecta á Mariña lucense --con 140 casos activos--, cuxa boa evolución constatou.

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, mostra uns gráficos durante unha rolda de prensa para informar da evolución da COVID-19
O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, mostra uns gráficos durante unha rolda de prensa para informar da evolución da COVID-19 | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

"Parece que evoluciona moi favorablemente. (...) Temos que seguir con coidado a súa evolución, pero parece que vai moi ben", sentenciou, antes de incidir en que o camiño de casos nos últimos días é descendente.

Por outra banda, incidiu en que a situación que están a provocar os brotes de contaxios do novo coronavirus en Aragón e Catalunya é "complicada e preocupante".

Nas últimas 24 horas diagnosticáronse do novo coronavirus 580 persoas, das cales 266 foron en Aragón e 142 en Catalunya.

"Hai transmisión comunitaria, temos que ser precavidos porque é preocupante, pero hai indicios que nos indican que as medidas que se están aplicando poden ter un impacto moi importante á hora de poder controlar os contaxios", dixo Simón en rolda de prensa, para informar de que na actualidade hai 158 brotes activos en toda España, dos que hai 1.973 casos asociados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta