Os ecoloxistas rebélanse contra as promesas "xenéricas e sen ambición" da Comisión de reconstrución

Critican que as medidas propostas carezan de "criterios e prazos" para o seu cumplimento. No caso de Galicia, afean a "deregulación" ambiental de Feijóo para "favorecer intereses privados".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

As principais asociacións ecoloxistas do Estado veñen de dar un paso adiante para pronunciarse sobre o rumbo que está a tomar a Comisión para a reconstrución artellada no Congreso dos Deputados. Segundo apuntan nunha declaración conxunta Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF, a plataforma interpartidista carece da "ambición e concreción" que sería necesarias para "abordar os enormes desafíos ambientais e impulsar a transición ecolóxica que necesita a economía e a sociedade".

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia en rolda de prensa no Palacio da Moncloa tras a última conferencia cos presidentes autonómicos por videoconferencia.. EUROPA PRESS
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia en rolda de prensa no Palacio da Moncloa tras a última conferencia cos presidentes autonómicos por videoconferencia.. EUROPA PRESS | Fonte: R.Rubio.POOL - Europa Press

A principal denuncia dos ecoloxistas é que as medidas medioambientes propostas polo executivo bipartidista e a oposición pecan de "xenéricas" e carentes de concreción, co cal unha actividade política derivada destas resultaría "insuficiente" para enfrontar o "enorme reto" que supón a transición ecolóxica. Así o destacan nunha nota remitida a medios na que lamentan a insuficiencia do papel dos grupos políticos, máxima nunha circunstancia na que, ao ser ver, a necesidade de coidar o medio ambiente chega con forzas renovadas.

"O actual é un momento histórico no que por primeira vez a protección do medio ambiente está no centro do debate sobre a recuperación da economía", apuntan. "A crise sanitaria puxo en evidencia a necesidade de abordar a crise ambiental, tal e como demandamos desde fai décadas as organizacións ecoloxistas e sinala a ciencia", engaden, antes de sumar que tanto a saúde dos humanos como "a do planeta" reclaman "non desperdiciar unha nova oportunidade.

Por iso, esixen a executivo e oposición que dean "un impulso real á tan necesaria transición ecolóxica" para poñer fin a unha serie de "promesas" que, ao seu ver, carecen de criterios e prazos temporais para materializar o cambio de modelo económico "necesario para loitar contra o cambio climático, frear a perda de biodiversidade e previr futuras pandemias".

GALICIA, EN REGRESIÓN

Neste aspecto, outra das principais demandas da comunicado conxunto ecoloxistas é frear unha "deregulación ambiental" que están a advertir, principalmente, no seo das Comunidades Autonómicas e, en particular, Andalucía, Baleares, a Comunidade de Madrid e Galicia. As organizacións ecoloxistas amosan, neste aspecto, unha preocupación que formulan reverter condicionando a concesión das axudas do Fondo de Reconstrución á adopción dunha serie de criterios medioambientais, polo menos no tocante ás empresas. Así, propoñen implantar "condicionantes ambientais e sociais para os fondos de estímulo e rescate", de xeito que o diñeiro público que vaia parar ás empresas privadas esixa o compromiso de cumplir co Acordo de París.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta