BNG, ERC e Bildu insisten en abrir unha investigación sobre as supostas comisións do Rei emérito

A petición, que Podemos non apoiou, chega logo de que a Mesa do Congreso vetara novamente a apertura de dilixencias na investigación do Ave á Meca.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 22/07/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

BNG, ERC, Bildu, Compromís, Máis País, Junts, a CUP, e Nova Canarias pediron este mércores que o Congreso abra unha comisión de investigación sobre o papel das empresas públicas españolas que participaron da construción do AVE á Meca tras o continuo veto da Mesa do Congreso a abrir pescudas sobre as supostas comisións recibidas polo Rei emérito pola devandita adxudicación, un asunto que está en mans da Fiscalía do Tribunal Supremo.

O promotor desta iniciativa é o deputado de Compromís, Joan Baldoví, quen en rolda de prensa no Congreso mostrou a súa esperanza en que esta vez si se poida derrubar o "muro infranqueable" que supón, ao seu xuízo, a inviolabilidade de Juan Carlos I. "Esperamos que as empresas públicas que construíron o ferrocarril á Meca, isto é, Renfe Operadora, Ineco e Adif, non sexan tamén inviolables" e que o Congreso poida pescudar se pagaron comisións para obter a adxudicación desa obra e a quen, dixo Baldoví.

O rei Juan Carlos nunha cacería de elefantes en África
O rei Juan Carlos nunha cacería de elefantes en África | Fonte: Rann Safaris

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta