O BNG acusa á Xunta de non poñer medios para "ir ao fondo" da orixe dos incendios

'Mini' afea ó executivo galego que non creara os comités de distrito previstos trala vaga de lumes de 2017.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2020 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

O deputado electo do BNG e responsable de Medio Rural na pasada lexislatura, Xosé Luís 'Mini' Rivas, reclamou á Xunta que se "poña as pilas" na loita contra os lumes forestais e active medidas de vixilancia específicas para as zonas nas que, ano tras ano, se repiten os incendios; abranguendo, inclusive, a mesma zona de afectación.

Non en balde, puxo o exemplo do incendio de Cualedro e exhibiu unha comparación da superficie afectada en dous anos distintos para evidenciar que son lumes que afectan sempre ás mesmas zonas, polo que se poden establecer medidas concretas para evitar que se reproduzan.

Neste sentido, apelou a que o ditame da comisión de incendios elaborada por mor da vaga de lumes de 2017 e na que participou, daquela como deputado, o agora conselleiro José González; Mini Rivas apuntou que "non" se constituíu ningún dos comités de distrito previstos.

Estes comités son agrupacións formadas por expertos en incendios, pero tamén por representantes do tecido asociativo e económico da zona de especial incidencia que "tratarían de ir ao fondo" da cuestión, de se hai un "problema de lindes, vinganzas, etc." e saber "que pasa".

Durante a súa intervención, Rivas lembrou que os períodos de seca entre ano e ano cada vez "son máis curtos" e que, cunha meteoroloxía favorable a incendios, a situación "non axuda". Menos, dixo, despois dunha primavera chuviosa como a deste 2020, que deixou uns montes "con gran cantidade de combustible" e con "prevención escasa, non só pola pandemia, senón tamén por laxitud".

"CONFINAR AS PIRÓFITAS"

Para o deputado nacionalista, a alta actividade incendiaria "non ten un tratamento adecuado". "Cando en Queirugás sabemos, e sábeno os expertos, que o lume se planta preto da igrexa, chega á autovía e fréase e regresa outra vez, temos un problema grave, non é un problema de extinción, senón de entrar no fondo do problema", relatou.

"Se non, estamos a tirar tiros ao aire, perdendo o tempo e gastando o diñeiro", apuntou o parlamentario, quen tamén sinalou que hai que ordenar o territorio e "confinar" as especies pirófitas no sentido de rodealas de terreos produtivos e que sexan franxas que non haxa que rozar ano tras ano.

"O monte está sen ordenar, sen unha mínima ordenación, está caótica, cunha forestación desmedida, apuntou, para lembrar o gasto en extinción de case 200 millóns de euros ao ano.

Ademais, tamén pediu formación para os equipos de extinción, de díxoos que están preparados por "a experiencia, non porque se fagan actividades de formación".

Un avión apaga lumes da UME sobrevoa e verte auga sobre o incendio de Cualedro (Ourense) que segue sen control desde o seu inicio o mércores e que se converteu xa no peor do ano, arrasando 1.000 hectáreas, en Cualedro, Ourense, Galicia (Esp. Rosa Veiga - Europa Press
Un avión apaga lumes da UME sobrevoa e verte auga sobre o incendio de Cualedro (Ourense) que segue sen control desde o seu inicio o mércores e que se converteu xa no peor do ano, arrasando 1.000 hectáreas, en Cualedro, Ourense, Galicia (Esp. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta