Cando un galego regresa á súa terra despois de permanecer moitos anos nun país distante, é probable que perciba con estupor o asentado fenómeno do auto-odio. Trátase de complexos, como os de quen asegura que “os galegos non valemos”. Por sorte, hai algunhas luces de esperanza respecto a tan denigrante actitude.