Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2020 | Actualizada ás 21:06
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de limpeza e conservación en tramos interurbanos do río Ulla e algúns dos seus afluentes ao seu paso polos concellos da Estrada e Vila de Cruces (Pontevedra) e Teo, Vedra, Boqueixón e Touro (A Coruña).
Os afluentes nos que tamén se está actuando son a Santa Lucía, o Rego da Riveira, os Pazos, o Vieites, o Beuvas, o Añobre, o Frontilleiro e outros dous que non teñen nome.
En total está a traballarse en máis de seis quilómetros en diferentes lugares deste seis municipios, indicou a Xunta, que explicou que estas tarefas forman parte do mantemento de Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación.
Os operarios céntranse en retirar árbores e ramas caídas e fan rozas selectivas e limitadas ao ancho da canle en tramos nos que a maleza cobre o río.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.