Adif bota no río Sil os dous vagóns do tren que descarrilou en Sobradelo hai unha semana

O impacto na paisaxe e o medio ambiente é importante.

Por Galicia Confidencial | Sobradelo | 03/08/2020 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

Adif decidiu botar dous dos 10 vagóns do tren de mercadorías que descarrilou en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) ao río Sil, co impacto medio ambiental e alteración da paisaxe que iso xenera.

Momento no que os vagóns son botados ao río Sil tras o descarrilamento dun tren en Sobradelo
Momento no que os vagóns son botados ao río Sil tras o descarrilamento dun tren en Sobradelo | Fonte: VdC

Segundo sinala o medio local Valdeorras de Cerca, Adif adoptou esta decisión ante a imposibilidade de retiralos polas "complexas labores que se estiveron desenvolvendo para trasladar o tren accidentado da zona"

O tren descarrilou cando circulaba en dirección á cementeira de Toral de los Vaos (León). Os traballos mantiveron cortada a vía férrea na zona e Renfe transportou aos pasaxeiros en autobuses desde o pasado 28 de xullo, data do accidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Currelante

E a Confederación Hidrográfica Miño-Sil non dixo nada? Tan disposta a poñer multas a un paisano por un pozo ou unha corta dunha árbore sen permiso! Será que o seu presidente, o señor Quiroga, que tanto fala de coidar ríos no seu museo particular de Arxeriz no Saviñao, aquí fai vista gorda ou grosa? Será que como dirixente máximo do PsoEspañol na Rexión Noroeste está para tapar as tropelias madrileñas na colonia? Que vergoña, que disparate! Non entendo como esta noticia non lle San maior relevancia e se esixen responsabilidades aos bárbaros de Adif e aos que calan: concello, Xunta e moi especialmente á Confederación Hidrográfica!

1 Palista

Aí falaches. Do "Galicia x 3" do PPdoFrijol non se pode esperar nada, pero do PsoEdelNoroeste o mesmo. O galeguismo dos socialistas remata antes de comezar. Somos unha colonia ata nos refugallos!

3 Xesúis Ateo Recalcitrante

Só a unha banda de incompetentes sen vergoña se lles ocorren facer cousas coma esta. Non sería mellor desmontar os vagóns e metelos a cachos noutro vagón que os levara ata o lugar no que Renfe bota os restos? Levaría máis tempo, pero non poría en perigo a vida do río Sil nin a dos seus moradores e veciños. Repito: incompetentes e sen vergoña. Por certo: sábese algo de que o SEPRONA ou a fiscalía teña aberta unha investigación contra Renfe por delicto ecolóxico?

2 Spain is different

Se me dan esta noticia sen dicir onde, nunca adiviñaría que iso se fai nun país europeo. Os vagóns dependendo da idade poden ter desde amianto ata pintura con base de chumbo. Sen falar do que iso significa de impacto estético e de absoluto desprezo por calquera norma ética e legal. Iso non poden facelo e poden obrigalos a recollelos. Se non se poden sacar con guindastre, desmóntanse ou desgónzanse con cortadoras e sopretes.

1 nostrus

Según se aprecia no teu alcume España é diferente, pero neste caso é Galicia quen aporta a que España sexa diferente

2 Spain is different

Eu son británico nostrus. Levo aquí 22 anos e estou casado con unha galega marabillosa que coñecín alí pois era filla de galegos. Traballo aquí e non penso marchar. En UK isto sería impensable e menos dunha empresa estatal. Recomendolle á xente que aprendan galego.

3 nostrus

Spain is different ¿é porque non lle recomendas tamén a xente que sembre as patacas cunha parella de vacas?, por aquelo de conservar a cultura e tradicions. Eu a xente recomédolle que faga o que lle dea a gaña sempre que respete aos demais. Aqui é moi típico ir a misa....¿recoméndaslle a xente que siga indo a misa?

4 Amancio

Nostrus, o tradicional non é usar vacas para botar patacas. Isto sabémolo todos os galegos. Tamén distinguimos os métodos de produción da cultura e sabemos que hai certas cousas que están alén de lóxicas economicistas. Por iso os islandeses tampouco adoptan o inglés como primeira lingua. Realmente penso que isto é algo que todos temos claro, agás a minoria freak de C's Galicia.

1 Alienao

Vaite lavar porcona, vaite lavar. Se non.che chega o río, tírate ao mar, tírate ao mar.