Un documental para lembrar a Moncho Reboiras no aniversario do seu asasinato

O filme 'Reboiras. Acción e corazón' chegará ós cines de Ferrol e Compostela ao longo desta semana, e ó resto de cidades galegas nos próximos meses.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Case 45 anos fai xa desa madrugada do 12 de agosto de 1975 no que a policía da ditadura asasinaba en Ferrol o dirixente da, por aquel entón, clandestina Unión do Povo Galego (UPG), Xosé Ramón Reboiras Noia. Nesa mesma data e cidade, case medio século despois, terá lugar a estrea do filme ‘Reboiras. Acción e corazón’ para honrar a memoria do dirixente nacionalista.

Homenaxe a Moncho Reboiras
Homenaxe a Moncho Reboiras | Fonte: galiza.indymedia.org

 

Aínda que a estrea do documental -primeiro que se fai sobre Reboiras- terá lugar no ferrolán Duplex, os veciños da cidade naval non serán os primeiros en repasar a traxectoria do asasinado a través do filme. Este xa foi preestreado na noite do sábado 8 de agosto en Imo, a parroquia natal de Reboiras, en Dodro, onde recibiu os "aplausos" e o "cariño" dos que foran veciños e familiares do represaliado.

 

A longametraxe, da autoría do Vigués Alberte Mera García, conta cunha trintena de testemuñas directas que coñeceron o histórico nacionalista, como o propio irmán de Moncho, Manuel Reboiras, a súa curmá Lita Martínez, o escritor e ex secretario xeral da Unión do Povo Galego, Francisco Rodríguez; os escritores Xosé Luís Méndez Ferrín e Darío Xohán Cabana, ou a cineasta Margarita Ledo, até as propias persoas que se atopaban con Reboiras o 12 de agosto en Ferrol, e que el axudou a fuxir e salvar: Elvira Souto e Lois Ríos.

 

ESTREAS EN CADA CIDADE

 

A estrea no Duplex de Ferrol terá lugar nunha primeira sesión ás 17 horas do mércores e nunha segunda ás 17.30. As entradas xa están á venda na web da sala. Aliás, após a proxección, haberá un coloquio co director sobre o documentario. O 13, 14 e 15 de agosto, o filme estrearase en Santiago de Compostela, no Cinema Numax, tamén ás 17 horas. Na primeira sesión, a do día 13, tamén haberá un coloquio posterior co director do documentario. As entradas xa se poden adquirir a través da web de Numax.

 

O filme estrearase en Ourense o 26 de agosto, no Cineclube Padre Feixoo; mentres que o 4, 5 e 6 de setembro estará nos Cines Codex de Lugo. O día 9 de setembro a estrea será na Coruña, con dúas proxeccións nas salas de cinema do Fórum Metropolitano. O 18 de setembro haberá unha exhibición especial dentro do Festival Primavera do Cine en Vigo, e o 3 de outubro o documentario presentarese no auditorio de Ponteareas. Será xa en novembro, cadrando co mes da memoria en Pontevedra, cando se exhiba o filme na cidade do Lérez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Violeta 4

Asesinato o "muerte en combate" como decían muchas pintadas, la realidad es que este individuo formaba parte de un grupo terrorista e iba armado. Lamentable que se destinen dineros públicos para vanagloriar a gente así que no representan más que a cuatro colgados.

1 Amancio

A realidade é que Moncho Reboiras era combatía a ditadura franquista, ilexítima e que matou moitos mais galegos que ETA e xa non digamos que a UPG. Eu non vou participar en homenaxes a Moncho Reboiras pero por que non habían os seus reivindicalo cando a constitución española de 1978 vén desa mesma ditadura e os galegos tivemos un Presidente que foi dirixente desa ditadura militar?

1 nostrus

Vergonzoso homenajear a un miembro del brazo armado del separatismo gallego y que si no mató a alguien fue porque no pasó de ser un mier-das y un patoso. Si el nacionalismo fuese decente tendría que renegar de este tipo de especímenes, pero con su actitud le convierte en cómplice de una de las variantes del fascismo. Con esto no me alegro de la muerte que llevó, pero homenajear a este tipejo es digno del mismo gusto que los que consumen pornografía infantil. Vaya para ellos mi repulsa y desprecio.

1 Diógenes

A minha rejeiçom e desprezo é para ti, representante da estrumeira do pensamento supremacista espanhol e justificador do terrorismo e dos crimes de estado, como acontece no caso do assassinato de Reboiras.