Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/08/2020 | Actualizada ás 12:33
O Servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza foi seleccionado para o lanzamento internacional dunha nova endoprótese de aorta chamada “Minos”.
Esta prótese está deseñada para o tratamento de aneurismas de aorta abdominal e, segundo o xefe do servizo, Nilo Mosquera “representa a última tecnoloxía que se pon a disposición dos médicos para o tratamento desta patoloxía, grave e complexa, que afecta ao 6% da poboación de máis de 65 anos, fundamentalmente masculina, e cuxo diagnóstico e tratamento precoz é primordial xa que a rotura dun aneurisma de aorta pode implicar unha mortalidade superior ao 50%".
O equipo cirúrxico do servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular liderado polos doutores Nilo Mosquera e Jorge Fernández Noya realizou os 3 primeiros implantes e os doentes foron operados sen complicacións e xa recibiron a alta a domicilio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.