Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 14:25
Este martes 18 de agosto cúmprense 84 anos da data na que se estima foi fusilado o poeta Federico García Lorca a mans dos soldados do Bando Nacional. O máximo expoñente da xeración do 27, malia ter nacido en Granada, deixou patente o seu vencello coa lingua e a cultura galega na obra 'Seis poemas galegos', publicada orixinalmente pola editorial Nós.
Esta inclinación de Lorca foi posta en valor polos tuiteiros galegos que, con motivo da efeméride do poeta, aproveitaron para reivindicar a súa figura. Entre os usuarios que prestaron homenaxe ó autor de 'Poeta en Nueva York' e 'Bodas de Sangre' atópase a Academia Galega e diversos autores da literatura contemporánea.
#Taldíacomahoxe, en 1936, morría asasinado Federico #GarcíaLorca
— Real Academia Galega (@AcademiaGalega) August 18, 2020
Quen fita meus grises vidros / cheos de nubens seus ollos? / É a lúa, é a lúa / na Quintana dos mortos. / Deixame morrer no leito / soñando con froles de ouro.
'Danza da lúa en Santiago' https://t.co/l58Zw0ptLG pic.twitter.com/wPlCQR27RX
#TalDíaComaHoxe de 1936 era asasinado Federico García Lorca, dous días despois de que o detiveran e o torturaran na provincia de Granada. Lorca viaxou en varias ocasións a Galiza e así quedou constatado nalgún dos seus poemas. O seu corpo segue nalgunha fosa sen ser identificado. pic.twitter.com/SDEARlqN8N
— Galiza Sempre (@galizasempre) August 18, 2020
Danza da lúa en Santiago
— Dores S. Alegre (@AlegreDores) August 18, 2020
¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.
Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.
Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.#FedericoGarcíaLorca
#FedericoGarciaLorca pic.twitter.com/xQpaR12vGC
— 🍏 monjardin4 🍏 (@monjardin4) August 18, 2020
Poema manuscrito en galego de Lorca https://t.co/dBMfFtFKHb
— Suso De Toro (@SusodeToro1) August 18, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.