Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2020 | Actualizada ás 14:42
O Festival da Luz celebra o 12 de setembro, sábado, unha edición especial con motivo das restricións polo coronavirus, na que actuarán Eladio y los Seres Queridos, Susana Seivane, Boyanka Kostova, Agoraphobia, Terbutalina, Monoulious Dop e LAU.
Nesta edición, o público poderá adquirir parcelas de aforamento limitado na que seguir de forma "segura" a música en directo. En concreto, estas 'leiras' terán capacidade para dúas, cinco e 10 persoas, que incluirán máscaras, xel desinfectante e ecovaso individual. A reserva destes espazos poderán facer a partir deste mércores na web do festival. O aforamento total será de 500 persoas.
O Festival da Luz, que aprazou a súa edición de 2020 a 2021, busca con este formato especial "reactivar a economía da zona e do sector cultural". De tal forma, con esta cita do 12 de setembro vanse a recadar fondos para Cruz Vermella Responde en Galicia, a través da entrada solidaria e a activación dunha fila 0.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.