Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 18:55
A xunta de goberno do Concello de Santiago deu o visto e prace á firma dos convenios con Cáritas, Aspas, a Cociña económica e a Fundación Secretariado Xitano, uns acordos aos que a Administración local destinará uns 209.000 euros.
Segundo informou o Consistorio, a achega a Cáritas Diocesana será de 120.000 euros; á Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual (ASPAS) correspóndenlle 6.000 euros; 60.000, para a Cociña Económica e 23.000 con destino á Fundación Secretariado Xitano.
Estas achegas teñen como obxectivo o financiamento das actividades prestadas por cada unha das mencionadas entidades a realizar durante este ano.
Tamén se acordou solicitar á Consellería de Cultura e Turismo dúas subvencións por importe de 3.500 e 5.000 euros para a dotación de novidades editoriais en galego, en formato físico, con destino á biblioteca pública municipal José Saramago.
Por último, a xunta de goberno deu luz verde á validación e recoñecemento extraxudicial de créditos relativos a gastos nos meses de xuño e xullo por prestación do servizo de subministración de alimentos e produtos de hixiene básicos a persoas en situación de vulnerabilidade social debido á COVID-19 a favor das empresas Vego, Día, Carrefour e Mercartabria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.