Hablamos Español denuncia a "discriminación" do castelán en Galicia: "é unha anomalía democrática"

Nun novo informe presentado este mércores denuncian que hai "grandes empresas" que reciben diñeiro das autonomías para "eliminar" o castelán da súa rotulación.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

"Discriminación del español por las comunidades con lenguas bilingües". Esa é o título do último informe da asociación Hablamos Español, liderada pola viguesa Gloria Lago, que á parte é tamén presidenta de Galicia Bilingüe. Segundo denuncia a plataforma de Lago, os gobernos das comunidades autónomas con bilingüísmo "discriminan o emprego do español" nun amplo abano de usos que abrangue dende o emprego de documentos públicos ata a súa rotulación e campañas.

Gloria Lago, presidenta de Hablamos Español e Galicia Bilingüe
Gloria Lago, presidenta de Hablamos Español e Galicia Bilingüe

Dende a formación aseguran que a circunstancia actual a nivel lingüístico constitúe unha "anomalía democrática" que "non pasa en ningún país do mundo" e que, por conseguinte, "non se debería de aceptar como normal". E é que, segundo denuncia a plataforma, "ás persoas que piden ser atendidas en castelán, no mellor dos casos, fáiselles pasar por lentos trámites". Á parte, aseguran, estas persoas son tratadas con "desconsideración" por parte da administración, "como se fose unha rareza ou unha cuestión de ignorancia pedir o uso dunha lingua oficial ante a administración".

Dun xeito semellante, Hablemos Español centra as súas críticas nas "grandes empresas privadas" que "exclúen o castelán da súa rotulación", empregando tan só a lingua "autonómica". Dende a plataforma sosteñen que "algo así non se fai por motivos comerciais, obviamente, senón ideolóxicos". Por iso, explican, xa levaron adiante campañas para que os consumidores "fagan valer a súa forza", en particular con respecto ás empresas que "reciben diñeiro dos gobernos autonómicos para eliminar o español da súa rotulación".

GALICIA, "Á CABEZA" DA "DISCRIMINACIÓN"

A conclusión do estudo desenvolto pola formación comandada por Gloria Lago é que durante o confinamento incrementouse a "imposición lingüística" e o "diñeiro público destinado a sufragar" esta "eliminación ilegal" do castelán. Segundo explican dende a plataforma, a estela de "discriminación" ó castelán contaría con Cataluña e Galicia "á cabeza deste antidemocrático comportamento", se ben se estende a "todas as comunidades bilingües "en maior ou menor medida".

O comunicado da asociación remata facendo fincapé na necesidade de respectar a cooficilidade dos territorio, sen importancia de que "en algunhas ocasións se poida comprender ou adiviñar a mensaxe na lingua autonómica". A formación, con todo non oculta que "sería máis sinxelo, máis barato e máis comprensible para todos rotular en español en toda españa, pero supoñería vulnerar os principios de cooficialidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

13 Inespal

Puffff... cómo cheira a Voxta.

12 Liberdade

A juzgar por los comentarios Galicia Bilingüe/Hablamos Español sigue marcando el debate lingüistico. Sigamos denuncia la opresión y la discriminación del naZional-socialismo gallego a los castellano hablantes en Galicia.

1 Sentidiño

Si, marca o debate lingüístico coma Miguel Bosé marca o debate científico. Se dan moito que falar é polo nivel das parvadas que chegan a dicir.

2 Liberdade

Miguel Bosé, tan progre como tú, no marca ningún debate científico, porque para empezar no lo es, aunque haya gente del BNG que comparta sus ocurrencias, como por aquí vemos. Gloria Lago es filóloga y filólogos son muchos de sus compañeros de asociación. Sigue dándole publicidad, gracias.

3 nostrus

Sentidiño, ¿por que non tentades recuperar os ferrados e os canados?, tamén son propios da cultura galega, según vos fanatizades co galego tamen podedes facelo cos ferrados e os canados.¿Imaxinas unha Galicia con un monton de tipos de ferrado?. Desapareceu o latín e non vos laiades e tanto chorar porque desaparece o galego, ¿acaso non tedes fe no pobo galego que o conservou durante séculos?. O galego debe ser oficial porque moita xente o usa habitualmente e pertenece a realidade lingüistica social de Galicia

11 nostrus

O galego forma parte da realidade lingüistica social de Galicia e polo tanto debe ser oficial polo ben das personas que prefieren usalo, inda que sexa innecesario e escasamente útil. O problema reside en que é o que o nacionalismo escolleu para fanatizarse, do mesmo xeito que tamén pudo fanatizarse coa gaita, ca muiñeira ou co Apostolo. Galicia é unha rexión bilingüe, esa é a auténtica realidade e a autentica identidade, algo que non casa coa mentalidade naciota que pretende convertir a Galicia nun inmenso cuartel cheo de cidadans siervos da lingua. Galego SI, pero en liberdade e nazionalismos NON, xa hai maldade dabondo na Natureza. Incrible que haxa mentes tan torcidas que pretendan que o español sexa discriminado en España.

1 Amancio

Nostrus non te enganes. Os únicos aos que nos importa un pouco o galego somos os nacionalistas galegos. Eu precisamente son nacionalista por esa cuestión. Na dereita española que padecemos en Galicia hai moita xente, mesmo galegofalante, que o ve como un idioma de segunda e por iso non o falan máis que na casa.

2 Sentidiño

O castelán forma parte da realidade lingüistica social de españa e polo tanto debe ser oficial polo ben das personas que prefieren usalo, inda que sexa innecesario e escasamente útil. O problema reside en que é o que o nacionalismo escolleu para fanatizarse, do mesmo xeito que tamén pudo fanatizarse cos touros, co flamenco ou coa virxe do pilar. España é unha rexión plurilingüe, esa é a auténtica realidade e a autentica identidade, algo que non casa coa mentalidade naciota que pretende convertir españa nun inmenso cuartel cheo de cidadans siervos da lingua. Castelán SI, pero en liberdade e nazionalismos NON, xa hai maldade dabondo na Natureza. Incrible que haxa mentes tan torcidas que pretendan que o galego, coma o catalán ou o éuscaro, sexan discriminados en españa.

3 nostrus

Amancio, eu son galegofalante e non son nacionalista e non me fai falta renegar de ser español para sentirme galego porque son galego a xornada completa. Sentidito, no agites fantasmas porque a dia de hoy no se pretende marginar al gallego, eso solo obedece a las manias persecutorias nazionalistas y el testimonio de una persona tiene el mismo valor en cualquiera de los dos idiomas, aunque la categoria de ambos idiomas sea distinta debido a su propia dimensión y a su realidad y no porque se le tenga manía al gallego. De todos modos, inetentar esconder el idioma español es como pegarse un tiro en un pié y si alguien dice que no es su idioma, lo menos que puede hacer es no hablarlo nunca y el dia que lo haga que pague por usar lo que no es suyo. Para mi el español es uno de mis idiomas, por lo tanto si alguien esta dispuesto a pagar a sus propietarios por usarlo, yo me presento como uno de ellos. Anímate nena.

4 Ailalelo

VOSTRUS, NAZIonalista noxento es si, a ti o galego importache merda, que é o que es, castelán non obrigatorio é o que queremos, esa sería a verdadeira liberdade

5 nostrus

Ailalelo ¿e para que queres que o castelan non sexa obrigatorio?, ao mellor para non cumplir a lei alegando que non comprendes o español; será porque che gusta delinquir. Alegar que non se comprende o español é unha falsidade, mentras que alegar que non se comprende o galego pode ser unha realidade para moitos españoles e algun galego que acabe de adquirir tal condicion, porque se é galego por ser español e residir en Galicia, inda que procedas doutra rexión. Probablemente me importe mais a min o galego que a ti a bandeira de España. O galego é unha lingua innecesaria e excasamente útil, pero inda asi, debe ser oficial.

10 Braisiño

Perecería un titular de "El Mondo Today", pero vemos que é certo. Agora resulta que o español está discriminado en Galicia. É como se os nazis acusaran aos prisioneiros dos campos de concentración de OKUPAS.

1 Gamela

Certo, e como eran okupas os queimaron nos fornos de Auschwitz para que non molestaran máis... Deuchland Uber Alles (?) Seica na Galiza (UPG) ides seguir o mesmo camiño (?)

9 oooooh!

O que non me entra na testa é que se lle dea publicidade a esta supremacista que non representa a ninguen, e menos desde un medio en galego. Chega!