Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 19:47
A Fundación Adecco advirte de que a crise da covid-19 "golpea aos máis vulnerables", tamén en Galicia, onde apunta ao descenso da contratación de persoas con discapacidade (do 27,6% ata xuño) e á perda de 300 empregos entre os maiores de 55 anos (no segundo trimestre).
Así, sinala que no cinco primeiros meses do ano produciuse o maior descenso da década en contratación de persoas con discapacidade en Galicia, con só 1.662 contratos asinados, un 27,6% menos que no mesmo período do ano anterior.
Pola súa banda, os profesionais maiores de 55 anos perderon 300 empregos durante o último trimestre en Galicia, segundo os datos da EPA do segundo trimestre de 2020, que xa recollen os efectos da pandemia sobre o mercado laboral (no mesmo período do ano anterior, os maiores de 55 anos gañaron en Galicia 2.100 empregos).
"As dificultades de acceso ao mercado laboral tamén están especialmente presentes noutro grupo de idade: os mozos, un sector da poboación cuxo desemprego repunta con forza ante toda conxuntura de crise, como así está a suceder na actual", avisa. Neste sentido, indica que a taxa de paro xuvenil alcanza "a arrepiante cifra de 34,2%" en Galicia.
No relativo á violencia de xénero, lamenta que, "como en todas as conxunturas de crises, no primeiro trimestre de 2020 produciuse unha caída no número de denuncias do 19,5% en Galicia, porcentaxe que case duplica ao nacional, do 10,5%".
Neste contexto, a Fundación Adecco fai un chamamento a empresas e administración pública para impulsar o emprego "como única vía para frear a expansión da pobreza e amortecer os efectos da crise".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.