Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 21:25
Unha leira pechada con sinais de tráfico. A leira en cuestión está na comarca de Verín. A escena, que circula pola rede social Twitter dende a mañá do pasado xoves, consiste nunha leira de amplitude considerable delimitada por varios dos seus costados grazas á presenza de sinais de tráfico.
Así o recollía o usuario de Twitter @castanheiro98 na súa conta de tuiter ironizando que "a ver se o xabarín facía caso dalgún sinal de tráfico". Pouco despois, engadiu ó fío da publicación un novo vídeo no que se aprezan as dimensións do recinto.
A extravagante escena foi recibida con humor e abraio polo resto de usuarios.
Esas sinais custan un pastizal mesmo así
— O Peto Lareto (@OPetoLareto) September 17, 2020
Mima que obra de arte jajajajajjaa
— José Luis Ramos (@JoseLuisRamos15) September 17, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.