Por Xurxo Salgado | Ourense | 21/09/2020 | Actualizada ás 22:00
O comportamento atmosférico da fin da semana do 12 e 13 de setembro, cando se iniciaron os peores incencios da vaga de lumes que calcinou segundo datos oficiais máis de 7.500 hectáreas --e datos extraoficiais case 10.000--, era previsible e predecible. Sabiase que se ían dar unhas condicións terribles para a propagación de incendios e, aínda así, a Xunta non deu ningunha alerta especial, nin aos tecnicos ambientais, nin ás brigadas de loita contra os lumes, nin ás forzas de seguridade.
O que aconteceu esa fin de semana foi produto da combinación dunha anomalía térmica e de humidade na noite anterior --case unha noite tropial-- e unha configuración moi inestable da atmosfera, o que deu pé a aparición de “fenómenos convectivos” que supuxeron un potencial combustible para os incendios.
Así o recolle un informe dun técnico da Consellería do Medio Rural ao que tivo acceso Galicia confidencial que apunta a que os lumes desa fin de semana, e concretamente os do 13 de stembro, caracterizáronse por acadar un comportamento de “lume extremo”, o que esixiu aos equipos de extinción “grandes esforzos e mesmo comprometeu a súa seguridade.
COMBINACIÓN DE FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS E METEREOLÓXICOS
Unha situación provocada pola combinación de distintos fenómenos atmosféricos e metereolóxicos. Así, e tomando como referencia as medicións dunha estación meteorolóxica de Bande, o primeiro motivo para enteder esta vaga de lumes hai que buscala máis de 12 horas antes do inicio dos lumes, ente as 02:00 e as 02:30 da madrugada. En apenas 30 minutos a humidade relativa baixou a menos da metade --cando a esa hora debería incrementarse-- baixando do 68 ao 32%.
“Isto fixo que os combustibles non recuperan humidade durante a madrugada. É o pimeiro factor que explica o comportamento: os combustibles estaban moito máis dispoñibles para arder, con máis intensidades e lonxitudes de lapa maiores, e moito máis dispostos á propagación dos focos secundarios”, recolle. O día 13 foi máis seco que os días anteriores e posteriores, pero a anomalía da madrugada foi “moi significativa”.
A outra razón para entender a rápida propagación hai que buscala na configuración atmosférica dese día. “Tomando como referencia a radio sondaxe máis próxima, feita na Coruña as 13.00 horas do día 13 pódense observar vaias cousas, todas apuntan a comportamentos extremos do lume”, sinala o informe.
Entre estas “anomalías” está a configuración tipo “V invertida”, que produce “fenómenos convectivos, correntes de aire descendentes secas e fortes, ventos racheados, posibilidade de pirocúmulos, etc”. Unha situación moi perigosa para os equipos de extinción. De feito, estes fenómenos aprécianse ben nos vídeos gravados polos medios de estinción, entre eles, remuíños de lume.
Tamén sestán os ventos que cambian de dirección, “xerando turbulencias para os medios aéreos e torsión das columnas de fume e cambios da dirección do vento segundo a altitude”. De feito, op índice de Haines, un indicativo da inestabilidade atmosférica, tiña valores moi altos para ese día, xa dende a madrugada. Outro indicativo da grande inestabilidade, segundo apunta este técnico, é a alta seca do ambiente.
SITUACIÓN REPETIDA NOUTROS GRANDES LUMES
Todo isto provocou que a situación se descontrolara e que os incendios se propagaran con tan rapidez que fixeron imposible que foran atallados a tempo. Unha situación que non é nova en Galicia. A mesma situación atmosférica tamén se deu ás 01:00 horas do día anterior ao gran lume das Fragas do Eume do 2012, cando a humidade relativa baixou ata o 35% en Monfero --un 31 marzo, a 13 km do mar e xunto a un embalse-- e tamén na vaga de lumes do sur de Pontevedra en 2017, con altas temperaturas, moi pouca humidade e ambiente moi seco.
Este tipo de datos son predecibles perfectamente. Hai modelos e hai expertos e técnicos que os fan, pero, curisosamente, e a pesar de ser Galicia un dos lugares do Estado con máis lumes forestais, a Xunta de Galicia aínda non activou ningún servizo de alerta metereolóxica para avisar de risco de lumes como si teñen outros países como EE.UU. ou Australia.
POR QUE NON UN SISTEMA DE ALERTA?
De feito, a Xunta ten activado un sistema de alerta semellante para situacións metereolóxicas adversas no mar e informa á frota de cando se pode saír e en que condicións se pode saír.
“Xa hai xente en Galicia, bombeiros forestais, técnicos forestais, que fan este tipo de predicións. A Xunta de Galicia, co diñeiro que ten, tiña que activar protoclos e avisos aos servizos de extinción e forzas de seguridade”, apunta un técnico ambiental consultado por GC. “Certo é que os incendios son imprevisibles, especialmente se hai clara intencinalidade, pero hai sistemas para prever o que vai pasar e, de aí, a importancia dun sistema de avisos”, engade.
Este técnico non entende tampouco o “pasotismo social” que existe en Galicia en relacións aos incendios. “É como se xa se asumira que os incendios é algo normal. Non se entende que ardan 3.000 hectáreas nun parque natural e iso non abra telexornais... Tampouco é normal que un presidente non vaia visitar zonas afectadas do país cando, ao mesmo tempo, estaba presentando unha campaña marisqueira. Iso non é dun país normal”, asevera.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.