Os gandeiros galegos cargan contra as "promesas incumpridas" da Xunta: "déixannos morrer"

Denuncian que Feijóo prometeu un paquete de axudas en campaña electoral do que "aínda non sabemos nada".

Por Iago Codesido | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

S.O.S. do sector da carne. Representantes de gandeiros do Sindicato Labrego Galego veñen de mobilizarse ante as dependencias da Consellería de Medio Rural en Santiago de Compostela para demandar á Xunta que interveña e non "deixe morrer" ó sector. Dende o sindicato cargan contra a "discriminación" á que os somete o administración Feijóo e instan a levar a cabo as "promesas electorais incumpridas".

Vacas louras nun cercado ao aire libre nunha granxa de Ourense.. EUROPA PRESS - Arquivo
Vacas louras nun cercado ao aire libre nunha granxa de Ourense.. EUROPA PRESS - Arquivo

Refírense, neste aspecto, ó anuncio de Feijóo de que achegaría unha liña de axudas "a curto prazo" ó sector ante o evidente dano económico provocado pola crise da covid. "A principal canle de comercialización da carne galega é a hostalaría", explica Brais Álvarez, coordinador da Dirección da Carne do SLG. A actual crise económica, vencellada ó "medo" do consumidor a volver a bares e restaurantes está a provocar unha baixada de consumo que, á súa vez, provoca unha caída dos prezos.

Nesta circunstancia, o sindicato alerta de que moitas explotacions galegas "non poderán continuar" se non cambia a situación. "Hai negocios que están vendendo a perdas, particularmente nas zonas máis desfavorecidas de Galicia, onde non hai máis opción que a gandaría, como a montaña de Lugo e Ourense", explica Álvarez.

SILENCIO DA XUNTA

Ante este declive económico, o sindicato carga contra o goberno galego porque, dous meses despois das eleccións, "aínda non sabemos nada desas axudas". "Saír na televisión e dicir que somos o motor económico de Galicia non serve de nada se logo se nos deixa morrer", explica Álvarez a respecto das declaracións recentes do Presidente da Xunta

As esixencias dos labregos oriéntanse, pois, a conseguir este paquete de axudas económicas que sirva para manter a frote as explotacións do país mentres non mellora a situación sanitaria. Á parte, solicitan unha revisión á alza dos prezos e que sexa a administración que asume a tarefa de valorar os custes de produción, un elemento clave para verificar que se cumpre a lei do Goberno que impide vender por debaixo dos prezos de produción. Esta circunstancia, porén, estaría a ter lugar nun bo número de explotacións de Galicia, denuncia o SLG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 UnCalquera

Pois mira, que tivesen escollido outra papeleta hai dous meses...