Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2020 | Actualizada ás 11:51
O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, lamentou, tras a inhabilitación de Quim Torra, o "legado" de "división" e de decisións "ilegais" que deixa o mandatario catalán, á vez que defendeu que, coas eleccións á vista, ábrese "un horizonte de esperanza" para a autonomía.
"Espero que Cataluña vote por Cataluña", apelou Feijóo, en declaracións aos medios nun acto en Santiago, no que remarcou que "o expresidente da Generalitat" e el teñen "unha formulación bastante distinto da política", xa que el entende que o seu principal obxectivo é que "o pobo ao que serve se manteña unido". "E lamentablemente Torra deixa como legado un pobo enfrontado entre si, a metade do pobo catalán contra a outra metade", contrapuxo.
Así, Feijóo remarcou que Torra vaise "polas súas decisións continuadas e constantes ilegais". "Non polos seus pensamentos políticos, se non polas súas decisións ilegais", subliñou, antes de defender que en España "as liberdades políticas están garantidas", pero as decisións deben "axustarse á lei e ao dereito".
"E cando un presidente dunha comunidade é de forma continuada e constante advertido de que as súas decisións son decisións en contra das leis, parece que quere deixar como legado un incumprimento sistemático da lei e unha división no seu pobo", lamentou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.