Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/09/2020 | Actualizada ás 12:34
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, confirmou o peche cautelar nas rías de Muros-Noia, que obrigou a paralizar a actividade e que adoptou a confraría en base aos níveles de toxicidade detectados nas augas.Unha decisión que adoptaron as confrarías xa o venres da pasada semana por precaución tal e como informou Galicia Confidencial e que confirmou o Goberno galego este luns.
A preguntas dos xornalistas, a conselleira confirmou un "incremento considerable de fitoplancto" e explicou que, coas probas realizadas o venres, non se podía optar polo peche definitivo.
"Pero dada a evolución, decidimos o peche cautelar", expuxo considerando que a medida inicial adoptada pola confraría de pescadores foi "unha boa decisión para evitar riscos" de face ao produto final que chega ao mercado.
Mentres, sinalou que se analizaron este martes "máis mostras" das condicións ocenaográficas para ver "como evoluciona a toxina". Dela, dixo que que o fai de forma máis "rápida" que outras" e dun "día para outro". "Esta toxina non é igual que a diarreica ou paralizante", engadiu ao ser preguntada a este respecto nun encontro con medios de comunicación sobre o proxecto de rexeneración da ría do Burgo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.