Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 18:53
O director da Axencia Galega dás Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, reuniuse con representantes das salas de exhibición de cinema galegas para confirmarlles a posta en marcha dun programa de apoio a estas infraestruturas, dotado con 120.000 euros.
En concreto, segundo informou a Xunta, o obxectivo é contribuír desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a "minimizar os efectos da pandemia sanitaria" nestes espazos de exhibición, que se están vendo afectados "tanto na afluencia de público como na estrea e circulación de películas".
Á reunión asistiron representantes dos cinemas Avenida (Caldas de Reis), Códex (Lugo), Dúplex (Ferrol), Os Cantóns (A Coruña), Minicines Central (A Estrada), Númax (Santiago de Compostela) e Salesianos (Vigo).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.