Galicia rexistra dous novos mortos en residencias e volven subir os positivos

Os novos positivos volven superar os 200 con 56 novos casos activos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou dous novos falecementos de persoas con coronavirus Covid-19, de usuarios de senllas residencias de Culleredo e Lobeira, e outros 206 positivos.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, na xornada do xoves rexistráronse dous falecementos en centros residenciais que elevan a 749 as vítimas en Galicia. En concreto, unha muller de 90 anos con patoloxías previas no Fogar Residencial El Pinar de Culleredo e un home de 72 anos de Nosa Señora do Viso de Lobeira. Con estes novos casos, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 128. 

En canto aos casos activos, segundo os datos facilitados este venres, os casos activos de Covid-19 descenderon en 56 ata situarse en 4.203. Con respecto á xornada pasada, baixaron nas áreas da Coruña (60 menos), que concentra 904; Pontevedra (30 menos), que está en 765; Vigo (23 menos), que conta con 491; e Ferrol (un menos), con 128.

Por contra, aumentaron nas áreas de Ourense (51 máis), que rexistra 850 casos activos; na de Santiago (cinco máis), que conta con 539; e na de Lugo (dúas máis), ata os 526. No referido a pacientes curados na Comunidade galega aumentaron a 19.389, o que supón 260 máis que os rexistrados na xornada deste xoves.

Ata a data, a Comunidade galega incrementou as PCR realizadas ata as 492.648 fronte ás 486.731 contabilizadas ata este xoves, segundo os datos actualizados por Sanidade.

Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta