Por Europa Press / Redacción | A Toxa | 03/10/2020 | Actualizada ás 13:18
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, avanzou que o Executivo central traballa na elaboración dun decreto lei que eliminará "as barreiras" e "pescozos de botella legais" para comunidades autonómas e concellos e "facilitar", así, a xestión dos fondos europeos extraordinaros por parte das administracións autonómicas e locais.
Díxoo durante a súa intervención na clausura do foro La Toja, que acolle a illa da Toxa, no Grove, desde o pasado xoves e que concluíu coas palabras do mandatario español, que confirmou a celebración da conferencia de presidentes para o próximo 26 de outubro, unha cita á que asistirá por primeira a vez a presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen, e á que tamén estará convidado o presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero.
En palabras de Sánchez, o Goberno aprobará un decreto lei que terminará "coas barreiras" que teñen que facer fronte as administracións para a xestión de fondos extraordinarios para conseguir "unha xestión máis transparente, áxil e eficaz". Con todo, non entrou en máis detalles de en que consistirá esta modificación normativa vía decreto lei.
Asemade, tamén avanzou que o vindeiro mércores o Executivo estatal presentará as "liñas mestras" do plan de recuperación de España, que terá "a transformación dixital, a igualdade e a cohesión territorial" como "eixos" principais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.