Por Galicia Confidencial | Pontedeume | 12/10/2020 | Actualizada ás 10:00
O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, criticou este domingo “o desleixo e o abandono total” dos espazos naturais por parte da Xunta logo do episodio dos verquidos ao río Eume.
Ao respecto, o dirixente socialista recordou que o Concello de Pontedeume tivo que prohibir o consumo da auga procedente do río que baixa do parque natural das Fragas do Eume a causa do mal aspecto que presentaba o caudal.
Ante un caso de turbidez das augas e de posible afectación aos bancos marisqueiros, Pablo Arangüena denunciou que este parque natural “leva 23 anos sen que se aprobe o seu correspondente plan de xestión”.
“A Xunta está consentindo todo tipo de agresións ás Fragas do Eume”, subliñou o vicesecretario xeral do PSdeG, quen reprochou tamén ao goberno galego que “nin se puxo en contacto cos concellos afectados” ao longo destes días.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.