Son os estudantes da USC os responsables de que Santiago estea en alerta vermella?

A universidade compostelán fai público os seus datos para desmentir contaxios masivos de covid: rexistrou 23 casos nos últimos 7 días. Con todo, o comité clínico enmarca no inicio do curso universitario o incremento de contaxios en Santiago

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Santiago está e alerta vermella polo aumento de contaxios na cidade. O concello, e tamén agora o comité clínico, apuntan ao curso universitario como razón deste incremento, pero desde a Universidade de Santiago (USC) cren que os contaxios non teñen nada que ver coa actividade docente.

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Por iso, o reitorado desta universidade vén de facer públicos os datos de contaxios rexistrados nos últimos 7 días no seo da institución. Tal e como recolle o reitor Antonio López nunha misiva dirixida ós alumnos á que tivo acceso GC,  o número total de positivos por covid detectados na última semana ascende a 23. Destes,  20 corresponden a facultades situadas en Santiago de Compostela, mentres que o restantes 3 foron recollidos nas instalacións de Lugo.

Os datos comunicados polo reitorado foron actualizados por última vez ás 15:00 horas do pasado mércores 13, e inclúen unha valoración da incidencia relativa na poboación universitaria de cada campus. Así, e dado que en Santiago de Compostela hai uns 20.000 estudantes, a proporción de contaxios sitúase en 100 de cada 100.000 universitarios. En Lugo, con 5.000 alumnos, a proporción é menor: 60 por cada 100.000.

A información achegada polo reitorado detalla o número de casos rexistrados en cada un dos últimos 7 días. Así, a xornada con maior incidencia ata o momento foi a do pasado día 8, no que Santiago reportou 7 positivos e Lugo 2. Na comunicación o reitor agradece a "responsabilidade" do alumnado e chama a ler os números con "cautela".

COMITÉ CLÍNICO

Con todo, o comité clínico apuntou ao comezo do curso universitario como posible causa do incremento de casos de Covid-19 en Santiago de Compostela, polo que chama á responsabilidade de estudantes e hostaleiros.

Así o afirmou o doutor e integrante do comité clínico Sergio Vázquez, en rolda de prensa tras a reunión do pasado martes, quen subliñou que Santiago, tras Ourense, presenta a maior incidencia acumulada de Covid dos últimos 14 días por 100.000 habitantes, cuns 200 casos.

Para Sergio Vázquez "non sería estraño que chegase a outras cidades universitarias", polo que chama á "responsabilidade dos estudantes e hostaleiros". "É duro", recoñeceu, á vez que insistiu en pedir un "exercicio de responsabilidade" para frear a pandemia. En concreto, apuntou a "festa en pisos" e "festas ilegais" en locais de lecer nocturno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Nuestrus

Por supuesto. Ellos y los naciotas. Bueno, en realidad son lo mismo, porque están todos cooptados por la secta del BNG u otras sectas aún más disparatadas, todas empeñadas en reivindicar lo viejo como bueno per se. Claro, por eso estarán contra la nueva normalidad... Libertá! Libertá!

1 Graña

Tú tienen un grave problema mental. Cuídate.

2 Anónimo.

Deja el Facebook, chaval. Hay estudiantes que tenemos cosas mejores que hacer que ir a pisos y poner en riesgo a nuestra gente. En unos días saldrán los resultados del cribado, pero por mi parte negativo, igual que el resto de mis compañeros. Tu debes ser uno de los que va a la nave 5 a sacarte fotos sin mascarillas y a echarle la culpa al resto, además de politizar las cosas.

1 Lalo

Si