A "tolerancia" da Xunta con Endesa ante os verquidos no Eume indigna ós ecoloxistas

ADEGA acusa á compañía de "maltratar" o entorno natural "coa complicidade das administracións".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2020 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Novo movemento no conflito xurdido pola turbidez das augas do Eume. O episodio de contaminación está a resultar longo e amargo para a enerxética ENDESA, sinalada por asociacións ecoloxistas -e apercibida pola propia Xunta, segundo o Colectivo Terra- logo de décadas explotando o que hoxe é considerado como un dos espacios naturais claves de Galicia.

Encoro do Eume
Encoro do Eume | Fonte: Colectivo Terra

Mentres os habitantes de Pontedeume seguen se poder consumir a auga da billa -a Xunta vén de declarar a situación de emerxencia no río- a plataforma ADEGA vén de sumarse a unhas denuncias que, en realidade, xa comezaran antes de que a turbidez da auga chegara a oídos das institucións. Así é que, a finais do mes de setembro, ADEGA xa denunciara a presenza dun "vertedoiro" no chan do encoro, cuxa baixada de nivel deixou á vista refugallos responsabilidade de ENDESA, segundo os ecoloxistas.

Nestas circunstancias, e de acordo coa Xunta, a plataforma verde volve apuntar á compañía enerxética polos feitos acontecidos, sinalando que os verquidos estarán "posiblemente relacionados" coas operacións da compañía, que recente activou as válvulas do fondo do encoro, sosteñen. En calquera caso, a asociación céntrase en denunciar a "tolerancia" da Xunta de Galicia coa compañía, un aspecto no que tamén incidiu recentemente o Colectivo Terra.

Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.. XUNTA
Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.. XUNTA

"AVALIACIÓNS AMBIENTAIS CHAFALLEIRAS"

O Eume, destaca ADEGA, "leva décadas sufrindo o maltrado da minaría contaminante", á parte das "nefastas consecuencias" derivadas de "avaliacións ambientais chafalleiras". E é que, segundo a plataforma, os verquidos destas semanas "son un episodio máis da triste historia dunha canle maltratada pola minaría e esquecida polas administracións".

Por riba, é á marxe do dano ambiental, a plataforma fai fincapé nas feridas sobre o erario público que levan tendo durante anos as actuacións de empresas sobre a zona. "12 anos de parches, 26 millóns de euros gastados e contando", resumen. Este apuntamento vén desenvolto a respecto das consecuencias da inauguración dun treito AG-64 ao seu paso polo polígono dos Airíos, nas Pontes. "Producíronse fortes episocios de escorrentías ácidas ao río Lavadoiro que polo Chamoselo chegaron ao Eume, provocando unha importante mortalidade de peixes no curso baixo do río", recordan.

Dende a asociación non esquecen que as medidas desenvoltas pola Xunta "non conseguiron solucionar o problema da escorrentía aceda". "O que ía a ser unha actuación provisional converteuse en definitiva", apuntan no tocante a unhas medidas de control que ven insuficientes e que, aínda así, foron renovadas en 2013 e logo en 2018.

O EUME, A "CAÑEIRA" DE ENDESA

Á parte da administración, dende a plataforma cargan con forza contra a empresa enerxética, á que acusan dun "desleixo" da área que se tería prolongado "durante décadas". "Ao longo de toda a vida útil da mina, Endesa verteu no Eume non só lamas e augas de escorrentía da explotación mineira e da estación depuradora, senón tamén unha serie de reactivos e substancias perigosas", destacan.

"Temos pois que un dos principais ríos galegos, que da nome a un emblemático Parque Natural, leva décadas sofrindo o maltrado da minaría contaminante coa complicidade das administracións, e tamén as nefastas consecuencias para a natureza e o erario público das avaliacións ambientais chafalleiras nas infraestruturas", subliñan finalmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta