O Colexio Maior Xelmírez rexistra dez positivos do total de catorce en residencias universitarias de Santiago

Por mor desta situación, preto de 70 mozos están a gardar corentena de forma preventiva e por iniciativa propia, á espera das indicacións dos expertos sanitarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2020 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O cribado realizado nas residencias universitarias de Compostela detectou un total de catorce positivos nestas instalacións, tanto nas públicas como de titularidade privada. O principal brote localizouse nun mesmo centro o Colexio Maior Gelmírez, cun total de 10 contaxios entre os mozos residentes.

Todos eles están aparentemente ben e practicamente asintomáticos, segundo sinalou Raúl Figuera, director da residencia, e o centro está a tomar todas as medidas indicadas polas autoridades sanitarias, tanto co confinamento de positivos como na determinación dos seus contactos estreitos.

Por mor desta situación, preto de 70 mozos están a gardar corentena de forma preventiva e por iniciativa propia, á espera das indicacións dos expertos sanitarios. Figuera confiou en que o ocorrido permita "tomar unha conciencia moi forte" á hora de cumprir coas indicacións de seguridade e ser rigorosos co uso de máscara e as distancias interpersoal.

O resto de casos detectados producíronse en residencias dependentes da propia Universidade de Santiago, tres deles no Burgo das Nacións e un no Colexio Maior Fonseca.

O propio reitor compostelán, Antonio López, remitiu unha comunicación interna agradecendo "o exemplar cumprimento das medidas sanitarias" nos espazos universitarios, e na que chama a seguir respectando os protocolos e precaucións para "contribuír a frear o avance da pandemia".

En todo caso, advirte da importancia de non "baixar a garda" e trasladar "lestes comportamentos responsables e solidarios ao ámbito privado", en clara alusión ás festas privadas e ás celebracións multitudinarias en pisos e noutros espazos.

Fonseca e San Xerome (USC). USC - Arquivo
Fonseca e San Xerome (USC). USC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta