A fundación de La Voz de Galicia salpicada pola campaña de erosión da dereita contra PSOE e Podemos

O seu vicepresidente, Roberto Blanco Valdés, participou activamente nas dúas grandes campañas da asociación de Álvarez de Toledo, xunto co ex rexedor coruñés Paco Vázquez.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/10/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Roberto Blanco Valdés, un dos grandes editorialistas de La Voz de Galicia, e vicepresidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, está detrás das dúas grandes campañas postas en marcha pola dereita para erosionar ao Goberno central de PSOE e Unidas Podemos.

O vicepresidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, Roberto Blanco Valdés
O vicepresidente da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, Roberto Blanco Valdés | Fonte:

Blanco Valdés e un dos activos participantes nas campañas de Libres e Iguales, unha asociación posta en marcha pola ex número dous do PP, Cayetana Álvarez de Toledo, para atacar determinadas medidas do actual Goberno central. As máis mediaticas, ata agora, foron o vídeo de defensa do monarca español e unha colecta pública para pagarlle a Álvarez de Toledo o recurso ante o Tribunal Constitucional para que o Congreso non retire a súa expresión de que Pablo Iglesias é "fillo dun terrorista".

Na primeira campaña participaron 183 personaxes de distintos eidos cun 'Viva el rey', 'Viva la Constitución' e 'Viva España', entre eles, o expresidente do Goberno Mariano Rajoy e líderes de partidos como Pablo Casado, Inés Arrimadas ou o ultradereitista Santiago Abascal. Tamén aparece Blanco Valdés. "Viva la Constitución, Viva la Democracia, Viva el Rey", berra o vicepresidente da Fundación Fernández Latorre. Neste vídeo tamén o acompaña o ex alcalde da Coruña, Paco Vázquez, moi vinculado tamén durante anos ao xornal coruñés.

"FILLO DUN TERRORISTA"

Os dous tamén participan na outra campaña e asinan un manifesto que sostén que a expresión "fillo dun terrorista", referida a Pablo Iglesias, é verdadeira e que "a verdade non atenta contra o decoro parlamentario".

"O fundamento do seu recurso é que un feito obxectivo, constatable e até asumido de modo orgulloso por pai e fillo non pode ser tachado de opinión que afecte o decoro parlamentario", di o comunicado. Advirte, ademais, de que "cando un feito vergoñoso adquire o estatuto de opinable, queda o camiño libre cara ao seu definitivo borrado da Historia", é dicir, "o negacionismo".

MOI CRÍTICO CO INDEPENDENTISMO E NACIONALISMO

Nos artigos que Blanco Valdés publica en La Voz de Galicia tamén se denota a súa teima con Pablo Iglesias e Pedro Sánchez. Tamén son recurrentes as súas teimas contra o independentismo e o nacionalismo, especialmente, durante o proceso de referendo en Cataluña. Blanco Valdés tamén foi moi crítico cos nacionalistas e independentistas en Galicia, o que provocou que fora vítima dunha sabotaxe na súa vivenda.

De feito, La Voz converteu o incidente nunha gran campaña de autopromoción e mobilizou todas as súas plumas, incluída a do editor, tal e como recolle Helena Domínguez na súa tese 'A construción mediática do conflito político en Galicia: o tratamento de Resistencia Galega na prensa'. Previamente, Blanco Valdés, e a propia Voz de Galicia foran moi críticos co goberno do bipartito, especialmente, co nacionalista Anxo Quintana ao que adicaron duras portadas. Unha posición que, agora, polo momento, non manteñen coa actual dirixente, Ana Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 miñoca

Este Sr. Catedrático de Dereito Constitucional ¿non ten a quen botar unha mán? Eu que quere que lle diga? pois que SIIII,que axude a Cayetana Alvarez de Toledo ( non ten un euro) a financiar un recurso diante do Tribunal Constitucional ( a sua especialidade). Non é dificil deducir a sua interpretación da Carta Magna; cofinanciar a defensa dunha diputada aforada por chamar "terrorista" ao pai dun diputado.Debería darlle un repasiño a Constitución e ao código deontoloxico. Non entro a opinar sobre as suas críticas aos nacionalistas. Non me corresponde

4 Arteixá

Non é que sexa unha novidade isto de La Voz, pero o máis triste é que segue a ser con diferenza o diario de maior tirada. Que di iso dos lectores? Que di iso dos galegos?

1 Gamela

a tirada da Voz enchía os Institutos de Galicia con dez exemplares que normalmente ían ao contedor de papel ao día seguinte (exemplares subvencionados A Voz da Escola) ? Pero se vemos como espabilaron en crear "muros de pago" debe ser que as subvencións públicas non son suficientes para manter o Imperio Mediático libre de cargas (?)

3 xasei

Recordo a este blanco apoiar ao PSOE da Estrada, ao barreiriño de Forcarei cando aínda non xoghaba ás comecartos e non era aínda "chico dos recados". Os dous, xuntos con latorre e outros, fixeron da voz un xornal para non informar e vivir das mamandurrias.

2 Véndese barato

Ana Pontón e La Voz de Malicia son todo amor. Tamén se e queren e respeitan Lores e La Voz de Su Amo. O que non entenda o motivo do idílio entre quen se proclama soberanista e o editor declarado do xornal concertado do Partida Podre, un coruñesista, nacionalista españolista e contrario a todo resurxir periférico, o que non o comprenda --repito-- está abducido polos vendedores de crecepelo. Que lles medre!

1 Lourenzo

Explícanolo, porfa. Que teñen La Voz e Pontón en común?

1 Sentidiño

Non lle deades tanta importancia á Voz, que non é para tanto. Blanco Valdés é un reaccionario de libro, algo que facilita obter cátedras de Constitucional (ata as crean para colocar os seus): colabora coa ultradereita porque lle peta. A democracia é así, e ás necidades hai que responder con argumentos.

1 Ailalelo

É pra máis meu! La Box de su Amo mantén no poder os corruPptos coma Feixoo e Baltar e aporta o seu gran pra por en Madrid un Goberno de feixistas

2 Moine

Que imos pedir, neninhos! É o que há. A única política económica de Frijol é expulsar a gente nova do País, senom aqui morreriam com a fame. Os galegos e galegas novas seguem polo mundo na procura do pam. Mas os seus pais e avós lhe dam o voto a quem os deixa sem o agarimo dos seus, isto é para o pensar que somos como povo.