Por E.P. | PONTEVEDRA | 19/10/2020 | Actualizada ás 10:07
A sede da Deputación de Pontevedra tinguiuse de rosa este luns para conmemorar o Día Internacional do Cancro de Mama, que se celebra cada 19 de outubro.
Nun comunicado, a Deputación Provincial explicou que esta iniciativa busca dar resposta á demanda da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) para visibilizar ás persoas afectadas pola enfermidade.
En concreto, Adicam traballa para mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas, sensibilizar sobre a enfermidade, dinamizar a comunidade e promover hábitos saudables entre a cidadanía.
O cancro de mama e xinecólogico é padecido por unha de cada oito mulleres ao longo da súa vida e, entre 2012 e 2019, o volume de casos elevouse un 7,5 por cento. Por iso, a institución provincial insistiu na importancia de concienciar á sociedade sobre a necesidade da investigación e dun diagnóstico precoz.
Ademais, lembrou que esta enfermidade agrava a situación económica de mulleres en idade laboral dado os gastos que leva, así como o impacto emocional que supón para estas persoas e as súas familias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.