Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2020 | Actualizada ás 22:21
O incendio forestal que se iniciou este luns no concello ourensán de Oímbra quedou extinguido sobre as 20,30 horas, tras calcinar algo máis de 30 hectáreas, segundo a información da Consellería de Medio Rural.
A brigada contra incendios forestais de Laza advertira de que había "moitísimo vento" na zona, o que favorecía a propagación do lume. As chamas declaráronse sobre as 11,30 horas na parroquia de Videferre e, segundo os últimos datos, calcinaron 30,7 hectáreas, 30 delas de arboledo.
Para a extinción deste lume, segundo informou Medio Rural, foron mobilizados dous axentes, 11 brigadas, sete motobombas, seis helicópteros e dous avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.