O neno que queimou os ollos con xel hidroalcohólico en Lalín sometido a un trasplante de membrana

A nai do menor está pendente de ver a evolución do seu fillo para decidir se toma medidas legais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O neno que sufriu queimaduras graves nun ollo por mor dunha salpicadura con xel hidroalcohólico nun colexio de Lalí recupérase xa no hospital de Santiago da operación de transplante de membrana á que someteu este mesmo martes.

Así llo confirmou a Europa Press Llubica, nai de Fabricio, quen ten unha úlcera no ollo e tivo que ser sometido a un transplante de membrana. A súa nai explicou que, en principio, a operación "saíu ben", pero hai que esperar para ver "cal é o resultado final".

"Será preciso esperar uns días para ver se hai ou non rexeitamento. Se o houbese, terían que sometelo a unha segunda intervención cirúrxica", explicou, á vez que insistiu en que o menor "sufriu moita dor".

O incidente produciuse no CEIP Vicente Arias de la Maza, en Vilatuxe, e a nai do menor está pendente de ver a evolución do seu fillo para decidir se toma medidas legais, posto que teme que lle poidan quedar secuelas.

As súas principais queixas é que o xel estivese ao alcance de nenos "tan pequenos" como o seu, de tres anos, e que non se trasladase ao menor con maior rapidez a un centro sanitario, senón que se esperase a que ela o fose a recoller.

Pola súa banda, Educación defendeu que no centro seguíronse as pautas prefijadas para este tipo de situacións e, tras lamentar o "desafortunado accidente", apelou a extremar as prevencións para evitar que se repita unha situación similar.

Unha persoa desinfecta as mans con xel hidroalcólico
Unha persoa desinfecta as mans con xel hidroalcólico | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta