Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 20:19
O Resurrection Fest e o Sinsal foron galardoados no marco do V edición dos Iberian Festival Awards, que recoñece o traballo de eventos musicais, artistas, marcas e outros actores da industria en España e Portugal.
A 5ª edición, atrasada debido á crise sanitaria, celebrouse este fin de semana en Lisboa e o Resurrection Fest logrou os premios a 'Best Line-Up', 'Best Live Performance' (Berri Txarrak) e 'Best Festival Photo' (Daniel Cruz).
Pola súa banda, Sinsal fíxose co premio a 'Best Hosting and Reception'. Tamén o Festival de Queixo de Arzúa recibiu o premio á "mellor festividade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.