A Xunta pecha cautelarmente a actividade marisqueira na ría de Muros-Noia por valores altos nunha toxina

A medida afecta a máis de 1.500 profesionais

Por Galicia Confidencial | Noia | 24/10/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O INTECMAR, órgano dependente da Consellería de Pesca, ordeou o peche da ría de Muros e Noia o vindeiro luns á actividade marisqueira por altos niveis da toxina amnésica ASP. A medida afectará a unhas 1.550 profesionais.

Berberechos
Berberechos

Segundo fontes do sector consultadas por GC, as analíticas do xoves 23 de berberecho no INTECMAR deron 11,8 mg/kg cando o limite está en 20. Ante a posibilidade que aumente e a imposibilidade de facer analíticas durante a fin de semana, este órgano decidiu pechar a actividade marisqueira o luns por precaución ata os resultados que realicen o luns.

Este é o segundo peche cautelar en menos dun mes que se decreta nesta ría tras detectar niveis altos en toxinas, o que impide a recollida dos moluscos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta