Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2020 | Actualizada ás 17:10
O cupón da ONCE fai un percorrido por algúns dos xentilicios "máis curiosos e rechamantes" nunha nova serie pertencente aos sorteos de domingo, que comeza este 1 de novembro cun dedicado aos nados e residentes no municipio coruñés de Toques.
Segundo informou a ONCE nun comunicado, con esta serie de cupóns pretende "dar visibilidade a un bo número de localidades cuxos habitantes se chaman dunha forma curiosa ou singular".
Deste xeito, o vindeiro domingo 1 de novembro, "os toquenses verán como o seu gentilicio e a súa localidade percorren toda España", concreta a ONCE. De feito, indican que xa poden facelo porque desde este luns "xa está a se comercializar o cupón e pode adquirirse en calquera punto de venda".
O cupón está ilustrado cunha fotografía do Dolmen Forno dos Mouros, "un dos máis fermosos e mellor conservados de Galicia", subliña a ONCE.
A colección de cupóns continuará durante varios meses percorrendo decenas de localidades españolas con gentilicios curiosos que, en moitas ocasións, "serven para descubrir localidades cheas de historia, cultura e beleza", engade a entidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.