Os sanitarios madrileños piden axuda ás CCAA ante a "errática e perigosa" xestión de Ayuso

Xa solicitaron a intervención da Fiscalía ante a "deriva" da presidenta autonómica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2020 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A Plataforma de Centros de Saúde de Madrid lanzou unha carta aberta na que pide Goberno de España e aos gobernos de todas as comunidades autónomas "axuda urxente" ante a "errática e perigosa" xestión da pandemia de coronavirus que ao seu xuízo está a realizar a presidenta rexional, Isabel Díaz Ayuso.

A plataforma, formada por traballadores de Atención Primaria de todas as categorías (médicos de Familia, pediatría, enfermaría, TCAE, administrativos, celadores, traballadores sociais, fisioterapeutas, matronas, psicoloxía, higienistas dentais, odontoloxía) solicitou tamén a intervención á Fiscalía de Madrid e ao xuíz de garda e, recentemente, ao Defensor do Pobo.

"Pero dada a deriva que estamos a vivir, e facendo corresponsable ao socio de Goberno da Comunidade de Madrid, Ignacio Augado, apelamos á responsabilidade do Goberno central e aos de todas as CCAA, con independencia do seu signo político, para auxiliar á cidadanía madrileña, que se atopa presa da nefasta xestión do Goberno rexional. A súa irresponsable e neglixente xestión pon en risco a todos os españois, e só se poderá frear facendo fronte común e responsable", apuntan na misiva.

A entidade asegura que é consciente de que "ninguén ten a fórmula máxica" para frear esta pandemia, polo que asumen tanto os acertos como os erros que se cometan na "complexa xestión" desta emerxencia sanitaria, pero "non poden permitir que a irresponsabilidade de Isabel Díaz Ayuso poña en risco a saúde e as vidas de toda a poboación, co falso argumento de 'salvar a economía', porque coa súa incongruencia pérdese todo".

"Traballando xuntos conseguiremos, entre todos, pasar a páxina deste terrible pesadelo. Grazas", conclúe a carta da Plataforma de Centros de Saúde.

Imaxe de recurso da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.. COMUNIDADE DE MADRID
Imaxe de recurso da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.. COMUNIDADE DE MADRID

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta