Ecoloxistas acusan á Xunta de querer evitar a protección do lobo para contentar ao "lobby cinexético"

Ecoloxistas en Acción critican ao Goberno galego por opoñerse a decisión do Mininisterio de Transición Ecológica de protexer ao lobo.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/11/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción critica duramente á Consellería de Medio Ambiente por poñerse de lado do "lobby cinexético" tras a ofensiva lanzada contra o Goberno central despois das medidas de protección ao lobo ibérico decretadas pola ministra para la Transición Ecológica, Teresa Ribero. Segundo a Xunta, que enviou unha misiva ao ministerio trasladando o seu malestar, esta medida poría en perigo ás razas de gando domésticas autóctonas galegas. 

Lobo Ibérico. WWF. ANA RETAMERO PARA WWF
Lobo Ibérico. WWF. ANA RETAMERO PARA WWF

Ecoloxistas en Acción respondelle á Consellería de Medio Ambiente que estas razas non corren "ningún risco de desaparición" por mor de que o lobo sexa especie protexida. Así, sinala que durante todo ese tempo as razas autóctonas galegas se conservaron principalmente nas provincias de Lugo e Ourense, as provincias nas que máis lobos se censaron no derradeiro conteo da especie en Galicia.

De feito, a organización ecoloxista insiste en que que "o control letal do lobo lonxe de mitigar os ataques ao rabaños, desestructura as mandas e produce xusto o efecto contrario, un aumento dos ataques".

Ademais, lembra que foi a introducción no país de razas foráneas aparentemente máis productivas (como a parda alpina), fomentadas pola Xunta, ou modos de explotación insdustriais, os que puxeron contra as cordas ás razas autóctonas galegas. "Resulta curioso que as razas autóctonas desaparezan das zonas nas que non hai menos lobos pero se conserven nas zonas nas que hai máis", di.

VACA LIMIÁ E VACA CACHENA

Ecoloxistas en Acción lembra que a explotación da vaca limiá foi sempre en pequenas explotacións de 2 a 5 exemplares. A desecación da lagoa de Antela trae como consecuencia a desaparición dos grandes pastos comunais asociacios ao humidal e a consecuente desaparición paulatina da cabana gandeira asociada. "A vaca limiá desaparece comesta pola falta de rendabilidade fronte á galopante gandeiría industrial que se comeza a instalar na comarca da man de determinadas empresas que todos coñecemos, e a conseguinte migración masiva de veciños", suliña.

Isto, di, unido á entrada de razas alpinas e holandesas, e non a protección do lobo, "firma a sentenza de morte da raza", que na actualidade conta cuns 500 exemplares asentados principalmente en Baltar; Rairiz de Veiga entre outros.

No tocante á raza cachena, emparentada coa barrosa portuguesa e propia da raia seca da reserva Gêres-Xurés, subsiste no pobo de Olelas. "Ten sido explotada en extensivo durante centos de anos e trátase dunha raza perfectamente adaptada ao entorno e á predación do lobo, amosando mecanismos de defensa propios de bovidos silvestres", indica.

Por iso, esta entidade critica duramente á consellería por "estar máis preocupados en contentar ao lobby cinexético que en conservar o medio ambiente galego" e lémbralle a "salientable merma no número de ataques atribuidos ao lobo" no parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés dende a reintroducción y posterios expansión da cabra montesa na zona.

RAZAS GALEGAS

Cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa son as cinco razas bovinas autóctonas incluídas pola Xunta de Galicia na lista ‘Especies e razas autóctonas en perigo de extinción’. Son as coñecidas como morenas galegas, das que agora se sabe que son “un valioso reservorio xenético” con singularidades que as diferencian doutras razas bovinas en España e Europa.

Así o recolle o primeiro estudo con ferramentas xenómicas da cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa. O seu obxectivo foi analizar a súa diversidade e relacións xenéticas con outras razas. E os resultados, afirman, “evidencian a firma xenética específica das morenas galegas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta