Temas: RAG ASTRONOMíA

As constelacións xa teñen os seus nomes oficiais en galego por unha proposta da RAG

"O feito de que a lingua estea a circular nestes espazos é un estímulo para as novas xeracións", recalcou o presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/11/2020 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) presentou a proposta normalizada e oficial dos nomes das constelacións en galego, nun acto celebrado na Casa das Ciencias da Coruña. Trátase dunha iniciativa que busca reivindicar o "uso común en todos os ámbitos" deste idioma.

Así o expuxo o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, nun acto que contou tamén coa presenza do coordinador do Seminario de Terminoloxía da institución, o académico Manuel González.

Tamén asistiron, entre outros, Óscar Sánchez Martín Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Io --entidade que colaborou na realización da listaxe--, que reivindicou, na súa intervención, o valor da astronomía.

"O feito de que a lingua estea a circular nestes espazos é un estímulo para as novas xeracións", recalcou, á súa vez Freixanes. Mentres, o responsable do Seminario de Terminoloxía da RAG explicou que o traballo busca resolver as "diverxencias" que había sobre estes nomes.

Así defendeu que a transmisión do coñecemento especializado "debe ter unha normalización lingüística uniforme para todos os usuarios", sinalou sobre o traballo realizado respecto da denominación en galego dos nomes de 88 constelacións.

Constelación de Saxitario. SCOTT ROY ATWOOD - Arquivo
Constelación de Saxitario. SCOTT ROY ATWOOD - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: RAG ASTRONOMíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta