Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 08:35
Loito no fútbol mundial pola morte do do astro máis icónico da historia deste deporte. A noticia da defunción de Maradona deixa un oco no deporte rei que semella dificilmente curable mesmo nos próximos anos. A este clima de loito e pena veñen de sumarase os principais clubes galegos. Celta e Dépor despositaban a través das súas respectivas contas de twitter sinais de pena polo pasamento do xenio arxentino.
Se va una leyenda del fútbol mundial. Un genio "pegado a una pelota de cuero". 🙏 Descanse en paz, Diego Armando Maradona. pic.twitter.com/CQHFQxunah
— RC Celta (@RCCelta) November 25, 2020
Solo pisaste una vez #anosacasa para mandar un balón con tu firma al palo de la portería de General.
— RC Deportivo (@RCDeportivo) November 25, 2020
Alguna más, entre amigos, te enfundaste #asnosascores.
Ínfimas anécdotas de una historia de leyenda en el fútbol. #DEPMaradona pic.twitter.com/hDUXxwdP2u
As mensaxes dos clubes galegos non podían faltar tendo en conta o estreito vencello entre o 'deus' arxentino e a órbita futbolística galega. Son coñecidas as imaxes de Maradona portando a camisola deportivista, na cal se enfundou para pisar Riazor a comezos da década pasada, como lembrou o clube coruñés.
Outra cuestión para a memoria pero menos coñecida foi que o Celta estivo a piques de fichar a Maradona cando este non tiña máis que 16 anos. Tal e como publicou o diario As uns días atrás, en 1977 o clube vigués andaba na busca dun dianteiro na Arxentina para reforzar o seu cadro. O Celta chegou a ponderar a fichaxe do Pelusa, pero rematou decantándose por outro dianteiro de máis idade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.