Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 12:28
O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, cargou contra o 'Black Friday' ou 'Venres Negro' para reclamar que se regulen estes períodos de rebaixas ou que, mesmo, se "eliminen".
"Non necesitamos estes galicismos. É algo que importamos, que empezou sendo un día e xa é unha semana e afecta a todos os sectores. Isto o que fai é descontrolar as vendas de face ao nadal", advertiu.
Segundo cálculos que fixo Seijas, un "23 por cento, ou o que é o mesmo, máis de dous euros de cada dez do orzamento dos consumidores para Nadal lévao o 'Vernes Negro'", algo que ocorre ademais nun ano complicado para as vendas.
"No comercio levamos todo o ano pasando apuros e este período de novas rebaixas o pequeno comercio non o podemos soportar. Isto levará a un desequilibrio que acabará co peche de moitos negocios", vaticinou.
Por todo iso, o empresario lucense reivindicou que "o primeiro que hai que facer é regular estas vendas destes monstros (en referencia ás multinacionais), que encima non pagan os impostos en España". "Habería que empezar a regular isto e que todo o mundo pague os mesmos impostos", reflexionou, ao mesmo tempo que puntualizou que se incrementaron as vendas 'en liña' desde marzo.
"A ANTESALA" DE MÁIS PECHES
José María Seijas, logo de case nove meses de pandemia, asegurou que "pecharon moitos comercios" en Galicia, "aínda que de momento vaise sostendo". Neste contexto, adiantou que isto tan só é "a antesala" de moitos máis peches: "Sobre todo a finais de ano, que é cando os ERTE finalizan e hai que empezar a pagar os préstamos, facer fronte aos salarios e impostos".
"As vendas están a ser moi baixas, hai un gran estocaxe e hai que aproveitar para sacalo. Chega un momento que temos máis gastos que beneficios e isto vai repercutir no peche de moitos comercios", presaxiou finalmente o presidente dos comerciantes galegos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.