A Radio Galega entrevista en español ao ex alcalde da Coruña para criticar o pacto "social-comunista" en Madrid

Francisco Vázquez foi moi duro contra o PSOE, partido polo que foi alcalde na Coruña durante 23 anos, polo seu pacto con Unidas Podemos e polos acordos con partidos "independentistas y pro terroristas".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/12/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O espazo Galicia por Diante da fin de semana na Radio Galega, que conduce o xornalista Luis Ojea, realizou unha entrevista practicamente en español na canle pública a unha persoa --tal e como se pode escoitar aquí-- , o ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, que coñece perfectamente o galego.

Francisco Vázquez no XIV Congreso Católicos e Vida Pública. CEU - Arquivo
Francisco Vázquez no XIV Congreso Católicos e Vida Pública. CEU - Arquivo

Ojea utilizou só o galego para presentar ao seu convidado. Un convidado ao que se lle preguntou na maior parte da entrevista sobre as políticas do PSOE e Unidas Podemos no Goberno central e os pactos con partidos nacionalistas e independentistas coma ERC ou Bildu.

De feito, Vázquez cargou duramente contra o goberno "social-comunista", a mesma terminoloxía que utilizan os dirixentes do PP e de Vox, para referirse ao goberno de Madrid. Unhas críticas que foron moi duras contra os actuais dirixentes socialistas, especialmente Pedro Sánchez, perto tamén os líderes galegos, aos que reprochou que pacten coas "mareas, co BNG, que es un partido independentista y anticonstitucional o con Podemos, que es un partido antisistema", dixo.

Durante a entrevista, o ex alcalde socialista da Coruña, Francisco Vázquez, dixo que "ve en perigo a Constitución "pola arremetida da fronte rupturista", como denomina ó goberno e os seus socios parlamentarios. Tamén dixo observar "unha operacion de derrube da monarquía porque é a garantía da legalidade constitucional e representa o dique de contención ante a involucion totalitaria e guerra civilismo que di percibir en España".

PRINCIPIOS REITORES DA CRTVG

A Lei 9/1984, de 11 de xullo, de Creación da Compañía da Radio-Televisión de Galicia e Modificación da Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo) recollen claramente, e en varios articulados, que unha das súas finalidades é a difusión da lingua galega.

Así, no seu artigo 1.1 xa se di que "atribúeselle á Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega". E no artigo 16 volvese a insistir en que entre os "principios que han de inspirar a programación dos medios xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia" está "o respecto á Constitución e ao Estatuto de Autonomía de Galicia e a promoción e difusión da Cultura e Lingua Galega, así como a defensa da identidade da nacionalidade galega".

A DERIVA DE FRANCISCO VÁZQUEZ

Vázquez, xunto con ex políticos como José Luis Barreiro, colaborador de La Voz, ou Roberto Blanco Valdés, vicepresidente da fundación Fernández Latorre de La Voz de Galicia, apareceron en varias campañas de entidade Libres e Iguales, que impulsa a ex dirixente do PP Cayetana Álvarez de Toledo.

As críticas furibundas de Vázquez ao PSOE xa veñen de lonxe. En 2014 deuse de baixa como militante do PSOE por discrepancia coa liña do novo PSOE porque, segundo di, pon en dúbida a Constitución e a transición democrática. Rexeita a Lei de Memoria Histórica, aprobada durante o mandato de José Luís Rodríguez Zapatero, que, na súa opinión, produciu unha ruptura do alicerce da transición que foi a reconciliación entre todos os españois, así como a recuperación do anticlericalismo do século XIX.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 Arzúa Ulloa

Pois estou ABURRIDO de escoitar entrevistas en castelán por parte de Kiko Novoa...

1 Sentidiño

Deriva? Paco Vázquez, coma o Bono que non é o de U2, ou o Felipe de iates e puros, son de Cayetana detodalavida. Paco Vázquez, en particular, non cambiou nunca: sempre foi un fatxa friki, nunca foi de esquerdas, nunca foi laico, nunca foi socialista, nunca exerceu de galego. Non é un traidor, coma os outros: traidor só foi o partido que o utilizou con fins electorais. En canto á dirección da radio galega, caerá cando a maioría o decida.

1 Gamela

Paco Vázquez abriu a liña populista na Coruña, hoxe levamos aturando a Abel Caballero 13 anos en Vigo coa mesma política inaugurada por Paco Vázquez (e non se mira por ningures que ninguén en Ferraz lle poña as pilas, calan e o colocan á fronte da FEMP para seguir tirando da corda das privatizacións do público pola cara!) // Escoitando a Paco Vázquez viume á cabeza este post que escribín hai xa DEZ anos e non pasou de moda... http://gamela00.blogspot.com/2010/0... Perdón por coincidir en parte co que chamas fatxa friki pero é o malo de ter MEMORIA ! Saúde

2 Próculo

Moita xente ao principio votou Vazquez por ir de PSOE, foi el que deturpou o partido ora ben, consentíronllo. O que é unha vergoñacé a RG facendo iso.

3 nostrus

Sentidiño e Próculo. Paco Vazquez xa tiña carné socialista no congreso de Suresnes no ano 74 e xa o vin falando galego en Tve no ano 76 ou 77 cando inda non era unha lingua oficial. Paco Vazquez o que non é un renegado nin un malnacido, é un español tan galego como calquera. A Radio Galega si quere ser a radio de todos os galegos debería empezar por abrazar ao bilingüismo, mentras tanto só é Radio María adicada a súa parroquia. Paco Vazquez é unha persona que fala o que lle peta porque é a él quen lle corresponde esa decision, non coma outros cuxa decision non depende deles.

4 Ailalelo

VOXTRUS daquela RADIO NACIONAL, tódalas súas emisoras, que emitan un 30% do seu tempo nas DEMAIS LINGUAS pois 20 millóns falamólas ou conecémolas, ese bilinguismo non lle interesa a un naxi coma ti, só destruilo galego RENE.ADO!! Súa parroquia? Ou sexa case tódolos galegos que coñecemolo galego e non renegamos del coma ti?? Co galego en Galiza facemos TODO, é tan universal coma o castelán, e aínda MAIORITARIO ex0añolista!! Tápate que aquí o ùnico Ben Laden es ti, no.ento!!

5 nostrus

Ailalelo, aqui los únicos renegados sois vosotros, los que renegais de una de vuestras lenguas, mientras yo no reniego de ninguna. Por cierto ¿tienes la misma lástima por la religion que por el gallego?, piensa que en Galicia hay muchos católicos. Yo no tengo lástima de ninguna lengua, simplemente me preocupan los derechos de la gente, mientras los naziotas sois capaces de crearle problemas a la gente para recrearos en vuestras pajas mentales indentitarias y maniáticas. El gallego se habla por satisfación de hacerlo y aunque sea una lengua inútil e innecesaria, de hecho los murcianos no lo tienen y son tan felices. ¿Eres tan defensor de la Constitución como del gallego?, piensa que representa la voluntad popular de la mayoria de compatriotas. Sois unos gallegos incompletos que necesitais renegar de algo para sentir la galleguidad. Yo no le digo a nadie cual es su lengua propia porque cada gallego sabe cual es sin necesidad que ningún nazioso tenga que evangelizarlo.

6 Lar

A Nostrus asegúrolle que me pasa o mesmo que aos murcianos, non preciso o español para nada. E o mesmo lles sucede a chineses, islandeses, nipóns, portugueses... España non está situada providencialmente no centro do mundo, nin o español é a lingua universal, por moito que se empeñase Franco en que os escolares o estudasen e o cresen. O da RTVG é unha vergoña que tamén algún día se ha estudar na escola, porque a historia queda gravada e a administración de Feijoo aliméntase e alimenta co seu nacionalismo (si, nacionalismo español) rancio, sen importarlle se se violan os dereitos lingüísticos do pobo ao que representa. Con todo, son uns imperialistas fracasados, case cen anos despois de que Castelao o dixese a realidade segue sendo esa