Baixan a seis os falecidos pola COVID-19 en Galicia

Con todo o número de mortos achegase xa aos 1.300.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2020 | Actualizada ás 21:44

Comparte esta noticia

As vítimas da pandemia na comunidade galega eleváronse a un total de 1.287 este mércores, tras a confirmación por parte das autoridades sanitarias de seis novos falecidos por COVID-19.

Destas seis novas mortes, catro están relacionadas con brotes e casos rexistrados en residencias de maiores. Entre eles atópase unha muller de 100 anos e un home de 86 anos, ambos os falecidas no CHUO e procedentes do centro San Antonio de Beariz.

Así mesmo, unha muller de 85 anos e outra de 92 anos, que faleceron no Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra e no CHOP, respectivamente, procedían da Residencia Soremay.

O resto de falecidos foron un home de 77 anos ingresado no CHUP e outro de 88 anos que se atopaba en atención domiciliaria en Ferrol, concretamente nas Pontes. Todos os casos presentaban patoloxías previas.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta