Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2020 | Actualizada ás 10:00
De Pili Pampín a artistas das grandes orquestras galegas, pasando pola eurovisiva Lucía Pérez. Son 21 os cantantes involucrados no que está chamado a ser o proxecto máis notable do Nadal musical galego. “O teu Nadal”, unha composición de Samuel Bugía –que tamén ten experiencia escribindo para Eurovisión—vén de presentarse como unha peza pensada para animar á xente no Nadal dun ano “tan complicado”.
A canción, por riba, conta cun carácter “solidario”, tal e como explica o seu compositor; xa que fai fincapé naquelas empresas galegas que realizaron achegas aos bancos de alimentos estas semanas. O tema, producido po DJ Federato, caracterízase por unha “especial mestura de estilos” que non deixa de lado o espíritu do Nadal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.