Temas: DVICIO

A comida ecolóxica tamén está de moda

A parroquia de Quilmas, en Carnota, organiza este domingo un mercado de produtos ecolóxicos e varios debates sobre reciclaxe a situación actual do agro.

Por GC Tendencias | Carnota | 18/06/2013 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A plataforma pola defensa do patrimonio cultural de Quilmas e a asociación Rainha Lupa organizan este domingo un novo mercado de produtos ecolóxicos.

Mercado ecolóxico Raíña Lupa en Quilmas
Mercado ecolóxico Raíña Lupa en Quilmas

A feira, que comeza ás 10.00 e remata ás 20.00 horas, contará con hortalizas de tempada, apicultura e mel, artesanía de proximidade, conservas e fermentados, cosmética e saúde natural e actividades de ecoloxía e consumo responsable.

Obradoiros

Tamén se organiza, coma complemento a esta xornada, un obradoiro de reciclaxe de palés en móbeis e unha mesa de intercambio de pareceres sobre a situación do agro e das persoas que viven no rural. 

Ademais terá lugar un debate sobre as posibles solucións ao conflito que xurde entre a produción agrogandeira e os xabaríns, poloos danos que este animal produce nos cultivos.

Unha das edicións do mercado ecolóxico de Quilmas
Unha das edicións do mercado ecolóxico de Quilmas

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Noelia Lucas

En primer lugar me gustaría pedir disculpas por no poner un comentario en Gallego, pero la verdad llevo ya 4 años fuera de galicia y lo tengo un poco oxidado ejeje. La comida ecológica está prevaleciendo en todo el mundo, ahora hay muchas recetas de platos típicos de España que lo forman ingredientes ecológicos y es que verdaderamente tiene un mejor sabor comparándolo con otros productos normales de cualquier supermercado.