O 'popular' Manuel Baltar defende "a vixencia do pensamento político da Xeración Nós"

O presidente da Deputación de Ourense reivindica esta terra como "a base do movemento político social e cultural" daquel grupo de intelectuais.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 17/12/2020 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu "a vixencia do pensamento político de Nós" e reivindicou a propia cidade de Ourense como "a base do movemento político, social e cultural" desta xeración de intelectuais.

Manuel Baltar
Manuel Baltar | Fonte: Deputación de Ourense.

Así o trasladou durante a súa participación no debate organizado pola entidade provincial e que contou con voces como o presidente do Partido Nacionalista Vasco, Andoni Ortuzar, o presidente do Museo do Pobo Palego, Xusto Beramendi, o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, a filóloga Pilar García Negro ou o avogado Lluis Recoder.

Baltar defendeu o protagonismo de Ourense nas orixes da xeración. "Temos sentimento de pertenza a unha terra, a ourensania que xurdiu da corrente política e cultural a través da Irmandade Nacionalista Galega e do Partido Nacionalista Republicano de Ourense".

Pola súa banda, os participantes estableceron paralelismos entre o escenario político e socioeconómico no que xurdiu o movemento galeguista, sinais fundamentais da Xeración Nós, e os nacionalismos vascos e cataláns e a súa vixencia.

Neste sentido, o presidente do Museo do Pobo Galego falou da orixe do nacionalismo galego "como resposta a un estado cun férreo centralismo nunha Galicia subdesenvolvida".

Mentres, a filóloga Pilar García sinalou que a Xeración Nós "proclamou a maioría política de Galicia e exerceuna" defendendo o que chamou "o triplo V: voz, voto e veto".

Finalmente, o presidente do Partido Nacionalista Vasco, Andoni Ortuzar, centrou a súa intervención en reclamar que "ademais da vixencia" sobre os postulados do nacionalismo "haxa tamén futuro facendo un esforzo entre Euskadi e Cataluña e Galicia para fortalecer o espírito das súas respectivas identidades".

"Son pobos en construción que só poderán defender as súas ideas únense os seus esforzos", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riuriu

Pilar García Negro y Baltar juntos. No cabe más maldad en el mismo sitio.