Europa recoñece que a Xunta non ten medidas de conservación para as Fragas do Eume

O eurodiputado Nicolás González Casares denunciou á Xunta ante a Comisión europea pola súa deixadez ante a xestión da Rede Natura. Ecoloxistas en Acción, pola súa parte, denuncia que a Xunta teña a intención de outorgar explotacións mineiras sen avaliar.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A Comisión Europea insta á Xunta a completar o proceso de designación da Zona de Especial Conservación (ZEC) das Fragas do Eume e a adoptar “uns obxectivos de conservación detallados e específicos”.

Fragas do Eume
Fragas do Eume | Fonte: Fonte: Socialistas Españoles en el Parlamento Europeo

Ademais, a Comisión Europea, na carta de resposta a Casares, explica que xa en 2015 “iniciou un procedemento de infracción” por incumprimento destas obrigas, e que leva a cabo esta nova medida ante “a falta de adopción de obxectivos e medidas de conservación por parte da Xunta de Galicia, que é a Administración competente".

Foi a resposta que lle deu ao eurodeputado socialista Nicolás González Casares que denunciou ante a Comisión Europea a inoperancia da Xunta de Galicia neste parque natural, ao que debían darlle un plan rector e todavía non foi "nin redactado nin aprobado". 

"Trátase dunha mostra máis da deixadez da Xunta, que segue sen aprobar os plans de xestión específicos dos parques integrados na Rede Natura, respecto á que se abriu un procedemento de infracción que, ata agora, non serviu para correxir a situación", defende Casares.

ECOLOXISTAS EN ACCIÓN DENUNCIAN Á XUNTA DE GALICIA

Pola súa banda, a organización Ecoloxistas en Acción trasladou á Comisión Europea a intención da Xunta de Galicia de outorgar a concesión de explotacións mineiras sen avaliación de impacto ambiental "como sucedeu na tramitación do proxecto de extracción de litio Alberta I en municipios de Ourense e Pontevedra".

A organización ecoloxista, a través da acción da eurodiputada Sira Rego, sinalou que a omisión do trámite de avaliación de impacto ambiental en minas de este tipo podería ser constitutivo dunha vulneración das Directivas de Avaliación de Impacto Ambiental 42/20011, 92/20112,e 52/2014.

Por isto, insta á Comisión a que abra unha investigación pola posible destrución de espazos ambientais non recuperables e solicitan que se expediente a vulneración do dereito á participación e acceso á información ambiental ante a denegación da solicitude de información sobre Alberta I que a organización ecoloxista cursou no departamento de minas de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta