Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2020 | Actualizada ás 12:00
A polémica da lingua, tema espiñento coma poucos, vén de cruzar camiños cunha das empresas máis criticadas nos últimos meses: RENFE. A entidade pública, que dende o desconfinamento de xuño vén de recibir ataques pola redución de traxectos en Galicia, segue a colleitar o rexeitamento dunha parte de tuiteiros galegos que, estes días, atoparon indignante un novo movemento da compañía.
Desta vez, a cousa vai de lingua, e ten que ver cos anuncios que os trens da compañía con sede en Madrid fai das vilas galegas polas que pasa o seu servizo. As alarmas saltaron cando os usuarios dun traxecto saínte de Vigo advertiron que algúns dos topónimos galegos foron recollidos pola compañía nunha forma castelanizada, ben diferente da recoñecida como legal polas institucións.
Imaxes de hoxe no traxecto Vigo-Ponferrada das 14:35.
— A Liña do galego (@Linhadogalego) December 23, 2020
Que dirá @Renfe ao respecto? pic.twitter.com/H36Th0FaLY
En cuestión de minutos, as imaxes publicadas contaban con múltiples mostras de rexeitamento por parte dos tuiteiros da esfera galega.
Non hai maneira de normalizar os nomes dos https://t.co/igWGUdiTSd onde sacarían iso???
— Pinaxubileta (@FeijooPeregrina) December 24, 2020
Por desgraza, seguramente non dirán nada porque tanto che lles ten.
— Manuel Docampo (@DocampoTradutor) December 24, 2020
Non os tentemos que calquera destes días saennos con Montefuerte de Lemos
— Bambu Loureiro (@wambruck_27) December 24, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.