Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/12/2020 | Actualizada ás 12:51
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acusou ao Goberno de actuar como "avogado de Audasa" ao reclamar á Administración autonómica pague "15 millóns de euros polas bonificacións da peaxe da AP-9". Unhas críticas que se producen logo de que o PP fora un firme defensor da prórroga concedida a esta empresa para que continúe gañando cartos a conta desta autoestrada.
Así se pronunciou, en declaracións aos xornalistas, coincidindo coa súa presenza nunha rolda de prensa sobre o 'Novo Chuac', ao ser preguntada sobre a demanda do Goberno á Xunta para que volva pagar a peaxe de Rande e A Barcala e abone algo máis de 15 millóns a Audasa.
"É inaudito que o Goberno de España actúe como avogado de Audasa, reclamando á Xunta 15 millóns de euros polas bonificacións da peaxe da AP-9, que explota con beneficios desproporcionados", dixo sobre a concesionaria.
Destes beneficios, engadiu que son "consecuencia principalmente de acordos cos gobernos socialistas". "O Goberno de España antepón os intereses de Audasa aos dos galegos", sentenciou a conselleira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.