Emigración destinou este ano 1,6 millóns de euros para sufragar o regreso a Galicia de 709 familias

Destacan Venezuela, Arxentina e Brasil, mentres que de Europa, recibíronse máis solicitudes de Reino Unido, Suíza e Alemaña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2020 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia destinou durante 2020 un total de 1,6 millóns de euros para mitigar os gastos derivados do regreso a Galicia de 709 familias emigradas.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou mediante un comunicado que estas axudas se destinan a aqueles emigrantes retornados, xunto ás súas familias, que regresaron a Galicia nos últimos dous anos e que "necesitan apoio para afrontar os gastos extraordinarios derivados da súa volta".

As axudas inclúen un complemento de 1.000 euros por cada fillo menor de idade, ata o segundo; e de 1.500 euros para o terceiro e sucesivos. A este programa poden acollerse os galegos de nacemento, os seus cónxuxes ou persoas cunha unión análoga e os descendentes dos galegos e nados en Galicia que, "residindo fóra de España, se estableceron na comunidade autónoma".

Segundo informou Emigración, das 902 solicitudes recibidas, aprobáronse un total de 709 provenientes de 38 países de todos os continentes. No continente americano, destacan Venezuela, Arxentina e Brasil; mentres que de Europa, recibíronse máis solicitudes de Reino Unido, Suíza e Alemaña.

Secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. XUNTA
Secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta